Golfo de Panamá
| (es) Golfo de Panamá | |||||
| Tipo | golfo baía | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | océano Pacífico | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Panamá | ||||
| |||||
| Afluentes | |||||
| Características | |||||
| Profundidade | 220 m | ||||


O golfo de Panamá é un golfo do océano Pacífico, localizado na costa suroriental de Panamá. Ten unha anchura duns 250 km e unha profundidade media duns 220 metros, e abrangue unha área de 2.400 km².[1]. Este golfo é a única vía marítima pola que se pode acceder á canle de Panamá desde o océano Pacífico, que o conecta co mar das Antillas e o océano Atlántico. Pola súa gran cantidade e diversidade de peixes e especies mariñas, o golfo de Panamá está considerado como un dos mellores lugares do mundo para a pesca deportiva.
Existen algúns golfos e baías máis pequenos na súa xeografía, como a baía de Panamá, o golfo de Parita ou o golfo de San Miguel. O río Tuira, o máis importante de Panamá, desemboca na baía de San Miguel. No centro do golfo encóntrase o arquipélago de Las Perlas e nas súas costas atópanse as cidades de Panamá, La Palma e Chitré.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ WorldWildLife.org (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Panamá |
