Andaman e Nicobar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 11°41′N 92°46′L / 11.683, -92.767

Andaman e Nicobar
Escudo de
Escudo
Andaman nicobar 76.jpg
EstadoIndia
CapitalPort Blair
 • Total8.249 km²
 • Total380.520 (2012) hab.
 • Densidade43´18 hab./km²
Fuso horarioIST (UTC +5:30)
Código ISOIN-AN

As Illas de Andaman e Nicobar[1] (támil: அந்தமான் நிகோபார் தீவுகள், hindi: अंडमान और निकोबार द्वीप) forman parte dos territorios da Unión da India. Comprenden 572 illas das cales 37 están habitadas, son un grupo de illas na confluencia da baía de Bengala e o Mar de Andaman.[2]

O territorio está a uns 150 km. ao norte de Aceh en Indonesia e separado de Tailandia e Myanmar polo Mar de Andamán. Comprende dous grupos de illas, as Illas Andaman (en parte) e as Illas Nicobar, separadas polos 150 km de ancho da Canle Ten Degree (no paralelo 10° N), cos andamanos ao norte desta latitude, e os nicobares ao sur (a 179 km). O mar de Andaman atópase ao leste e a baía de Bengala ao oeste.

A capital do territorio é a cidade de Port Blair. A superficie total das illas é de aproximadamente 8 249 km2 (3 185 sq mi). O territorio divídese en tres distritos: Distrito de Nicobar con Car Nicobar como capital, distrito de Andaman do sur con Port Blair como capital e distrito de Andaman do norte e central con Mayabunder como capital.

As illas acollen o Comando de Andaman e Nicobar, o único comando xeográfico de tres servizos das Forzas Armadas Indias.

Nas Illas Andaman vive o pobo sentinelés, un pobo illado. Os sentineleses poden ser as únicas persoas actualmente coñecidas que non alcanzaron máis ala dun nivel de tecnoloxia do paleolítico,[3] con todo, isto discútese, xa que se atoparon indicios de traballo de metal na súa illa.[4]

Historia e características[editar | editar a fonte]

O nome de Andaman vén de Handuman que é a palabra para o hindú Hánuman en malaio. Nicobar en malaio significa terra das persoas espidas.

Estas illas foron descritas polo viaxeiro veneciano Marco Polo a finais do século XIII. Delas di: "Non teñen rei nin señor de ningunha clase e son como bestas salvaxes... Tanto os homes como as mulleres van completamente espidos... non teñen casas... nin lei nin orde... son xente moi cruel e comen con gusto crus aos homes, a todos os que poden coller, con tal que non sexan da súa tribo".[Cómpre referencia]

As illas foron tomadas polos Maratha no século XVII e o lendario corsario Kanhoji Angre atacou as rutas marítimas coloniais desde unha base nestas illas. O Reino Unido ocupou as illas ata que foron tomadas polos xaponeses durante a Segunda guerra mundial. As illas foron postas posteriormente baixo a autoridade do Arzi Hukumate Azad Hind (goberno provisional para unha India libre) de Netaji (ou Subhash Chandra Bose). Netaji visitou as illas durante a guerra, renomeándoas como "Shaheed" (Mártir) e "Swaraj" (Autogoberno). O xeneral Loganathan, do Exército Nacional Indio foi nomeado gobernador das Illas de Andaman e Nicobar.

Localización

Coa independencia da India en 1947, pasaron a ser un dos 6 territorios do país.

Os británicos usaron as illas como prisión para membros do "Movemento para a Independencia da India". Esta forma de encarceramento foi chamada Kalapani e a prisión de Port Blair foi considerada como a "Siberia da India británica" .

O 26 de decembro de 2004 as costas das Illas de Andaman e Nicobar foron devastadas por un un tsunami de 10 metros como consecuencia do Terremoto do Océano Índico de 2004. Polo menos 7.000 persoas morreron durante o desastre nas illas. Mentres que a maioría das vítimas foron colonos, a maior parte da poboación aborixe sobreviviu grazas a tradicións orais pasadas de xeración en xeración que os advertiron de abandonar as costas e refuxiárense nas montañas cando se producían terremotos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de andamanés, -esa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Sawhney, Pravin (30 de xaneiro de 2019). "Unha torre de vixilancia en alta mar". The Tribune. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  3. "Andaman Nicobar Administration". and.nic.in. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2015. 
  4. Pandit, T. N. (1990). The Sentinelese. Calcuta: Seagull Books. pp. 17–20. ISBN 978-81-7046-081-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]