Mar de Weddell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar de Weddell
Antarctica 6400px from Blue Marble.jpg
Localización administrativa
Estado Emblem of the Antarctic Treaty.svg Tratado Antártico (excepto alta mar)
Parcialmente reinvindicado por Arxentina, Chile e o Reino Unido
Localización xeográfica
Océano / Mar Océano Antártico/ océano Atlántico
Continente Antártida
Illa/s Illas Orcadas do Sur
Xeografía
Illas interiores Illa Berkner
Accidentes
Penínsulas Península Antártica
Outros Terra de Coats e Costa da Princesa Marta
Características
Superficie 2 800 000 km²
Anchura máxima 2000 km
Mapa
Antarctica location map.svg

Mar de Weddell
Antarctica.CIA.svg

Localización do mar de Weddell nas reinvidicacións antárticas

O mar de Weddell é unha ampla porción do océano Glacial Antártico comprendida entre a Península Antártica polo oeste, as illas Orcadas do Sur polo norte, a Terra de Coats e a Terra da Princesa Marta ao leste. Ao sur atópase a segunda barreira de xeo máis grande do mundo: o conxunto Filchner-Ronne, que se apoia na Terra de Edith Ronne, esta barreira rodea en gran parte á grande Illa Berkner. Xunto ao litoral da Península Antártica está a Barreira de Xeo Larsen, cuxa parte norte veuse colapsando rapidamente nos últimos anos.

A parte da Antártida localizada ao oeste deste mar, ata o Mar de Ross, denomínase Antártida Occidental ou Menor, e ao leste, Antártida Oriental ou Maior.

A anchura máxima deste mar é duns 2.000 km, cubrindo un área de 2,8 millóns de km².

Foi nomeado en honor ao mariño británico James Weddell que se internou neste mar en 1823 alcanzando os 74° S. Foi explorado ampliamente por primeira vez polo escocés William S. Bruce entre 1902 e 1904. Foi neste mar que o barco de Shackleton, o Endurance foi atrapado e destruído polo xeo.

Crese que a separación do ex-continente Gondwana comezou no Mar de Weddell.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]