Saltar ao contido

Río Zambeze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Zambeze
Imaxe
Tiporío principal Editar o valor en Wikidata
Inicio
País da cuncaAngola Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLunda Plateau (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
Localizaciónocéano Índico Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 11°22′13″S 24°18′30″L / -11.3702, 24.3083
B 18°34′14″S 36°31′30″L / -18.5706, 36.5251
Composto por
Afluentes
Conca hidrográficaBacia do Zambeze (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude329 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións2.574 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.570.000 km² Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
Cataratas Victoria
TipoPatrimonio natural   África
Data1989 (13ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (viii) Editar o valor en Wikidata
Patrimonio Xeolóxico da IUGS
Cataratas Victoria
Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal7.000 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6042140

O río Zambeze é un longo río da África Austral, o cuarto pola súa lonxitude de todo o continente africano (tras o Nilo, o Congo e o Níxer) e o máis longo dos que desembocan no océano Índico.

Ten unha lonxitude total de 2.574 km. Nace en Zambia, no límite con República Democrática do Congo e Angola, cruza Angola, Zambia Namibia, Zimbabwe e Mozambique, e desemboca no océano Índico, formando un enorme delta.

A súa conca hidrográfica ten unha superficie de 1.390.000 km², a 16ª conca primaria maior do mundo, comprendendo gran parte dos territorios de Malawi, Zambia, Zimbabwe, Angola e Mozambique.

O curso do río Zambeze vese interrompido por numerosos rápidos e fervenzas, polo que soamente é navegable con normalidade dende a cidade de Tete, en Mozambique, ata a súa desembocadura. As maiores interrupcións no seu curso son as Cataratas Chavuma, na fronteira entre Zambia e Angola, as Cataratas Ngonye, preto de Sioma, no oeste de Zambia, e as Cataratas Victoria, as maiores do mundo, con 1.708 metros de extensión e que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1989. A pesar da súa gran lonxitude, só é atravesado por seis pontes: en Chinyingi, Katima Mulilo, as Cataratas Victoria Chirundu, Tete e Caia

Hai dous grandes encoros no río, dedicadas principalmente á produción de enerxía hidroeléctrica: a Presa de Kariba, construída na garganta de Kariba, onde conflúen os ríos Sanyati e Kafue, afluentes do Zambeze, que prové de electricidade a Zambia e a Zimbabwe; e a Presa de Cahora Bassa, que proporciona enerxía á subrexión da África Austral. Hai tamén unha pequena estación hidroeléctrica nas Cataratas Victoria.