Mar Tirreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mar Tirreno
Mar Tirreno - Mer Tyrrhénienne
Mezzogiorno d'Italia.jpg
Localización administrativa
EstadoFlag of France.svg Francia
Italia Italia
DivisiónFlag of Corsica.svg Córsega (FRA)
Sardeña Sardeña (ITA)
Toscana (ITA)
Lazio (ITA)
Campania (ITA)
Calabria (ITA)
Sicilia (ITA)
Localización xeográfica
Océano / MarMar Mediterráneo
ContinenteEuropa do Sur
Illa/sCórsega, Sardeña, Elba e Sicilia
Xeografía
Mares contiguosMar de Liguria e mar Xónico
Illas interioresArquipélago Toscano, Illas Ponziane, illas Eolias, Illas Égadi, Capri, Procida, Ischia e Ustica
AfluentesTirso (153 km), Flumendosa (127 km), Mannu-Coghinas (123 km) (FRA)
Ombrone (161 km), Tíber (405 km), Liris-Garigliano (158 km), Volturno (175 km), Sele-Tanagro (130 km) (ITA)
Cidades ribeiregasBastia (FRA)
Piombino, Civitavecchia, Anzio, Gaeta, Olbia, Nápoles, Salerno, Mesina e Palermo (ITA)
Accidentes
Golfos e baíasGolfo de Olbia (FRA)
Golfos de Gaeta, Nápoles, Salerno, Policastro, Santa Eufemia, Palermo, Cagliari e Orosei (ITA)
EstreitosCanal de Córsega, estreito de Bonifacio, estreito de Sicilia, canal de Tunicia (Mediterráneo) e estreito de Mesina (Xónico)
OutrosPenínsula Itálica
Características
Profundiade máxima3.731
Profundidade media2.000
Outros datos
Mapa
Locatie Tyrreense Zee.PNG

Localización do mar Tirreno (habitualmente, considérase que o mar se estende polo norte ao menos ata a illa de Elba).
Karte Tyrrhenisches Meer.jpg

Mapa da rexión do mar Tirreno (rótulos en alemán).
Localización do Mar Tirreno

O mar Tirreno (/tˈrniən ˈs/; italiano: Mar Tirreno Modelo:IPA-it, francés: Mer Tyrrhénienne [mɛʁ tiʁenjɛn], sardo: Mare Tirrenu, corso: Mari Tirrenu, siciliano: Mari Tirrenu, napolitano: Mare Tirreno) forma parte do Mar Mediterráneo que baña o oeste da costa de Italia. É chamado así nomeado polos pobos tirrenos, identificados desde o século VI aC cos etruscos de Italia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O mar está rodeado polas illas de Córsega e Sardeña (ao oeste), a península italiana (rexións de Toscana, Lazio, Campania Basilicata e Calabria no leste e pola illa de Sicilia (ao sur).[1] O mar Tirreno tamén inclúe unha serie de pequenas illas como Capri, Elba e [ [Ustica]].[2]

A profundidade máxima do mar é de 3.785 m.

O Mar Tirreno está situado preto de onde se atopan as placas africana e eurasiática, polo tanto, as cadeas de montañas e as illa teñen os volcáns activos, como o Monte Marsili, nas súas profundidades ou como o da illa de Stromboli. As oito illas eólicas e Ustica están situadas na parte sur do mar, ao norte de Sicilia. Os ventos predominantes son o Mistral, procedente do val do Ródano, Libeccio do suroeste, e Siroco (Scirocco) e Ostro dende o sur.

Extensión[editar | editar a fonte]

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Tirreno como segue:[3]

  • No estreito de Messina: unha liña que une o extremo norte do Cabo Paci (15° 42'E) co extremo leste da illa de Sicilia, Cabo Peloro (38° 16'N) .
  • No suroeste: unha liña que discorre desde o cabo Lilibeo (extremo occidental de Sicilia) ata o extremo sur do Cabo Teulada (8° 38'E) en Sardeña.
  • No estreito de Bonifacio: liña que une o extremo oeste do Cabo Testa (41° 14'N) en Sardeña co extremo suroeste do Cabo Feno (41° 23'N) en Córsega.
  • No norte: unha liña que se une a Cabo de Córsega (Cabo Grosso, 9° 23'E) en Córsega, coa illa Tinetto (44°01′N 9°51′L / 44.017, -9.850) e desde alí polas illas de Tino e Palmarias cara a punta San Pietro (44°03′N 9°50′L / 44.050, -9.833) na costa de Italia.

Nome[editar | editar a fonte]

O seu nome deriva do nome grego para os [[civilización etrusca | Etruscos], que se dixo que eran emigrantes de Lidia e liderados polo príncipe Tyrrhenus.[4] Os etruscos instaláronse ao longo da costa da Toscana moderna e referíronse á auga como o "mar dos etruscos".

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  1. The Editors of Encyclopaedia Britannica. "Tyrrhenian Sea". En Chisholm, Hugh. Encyclopedia Britannica. Cambridge University Press. Consultado o 18 de xullo de 2017. 
  2. "Tyrrhenian Sea - Map & Details". World Atlas. Consultado o July 18, 2017. 
  3. Limits of Oceans and Seas (PDF). Organisation hydrographique internationale (3rd ed.). 1953. p. 17. Consultado o 6 de febreiro de 2010. 
  4. "The Origins of the Etruscans". San José State University. Consultado o 28de outubro de 2016.