Mar Báltico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Mar Báltico
Atardecer en el Mar Baltico.JPG
Localización administrativa
País Suecia Suecia
Finlandia Finlandia
Rusia Rusia (San Petersburgo, óblast de Leningrado e Kaliningrado)
Estonia Estonia
Letonia Letonia
Lituania Lituania
Polonia Polonia
Alemaña Alemaña
Dinamarca Dinamarca
Localización xeográfica
Mar (océano) Océano Atlántico
Continente Europa
Xeografia
Subdivisións Golfo de Botnia (mar de Åland, mar do Arquipélago, mar de Botnia, Kvarken e baía de Botnia)
Golfo de Finlandia
Golfo de Riga
Illas interiores Öland e Gotland (SUE)
Illas Åland (FIN)
Hiiumaa e Saaremaa (EST)
Rügen (ALE)
Bornholm, Fionia e Selandia (DIN)
Accidentes
 • Outros Estreitos de Kattegat e Skagerrak (co mar do Norte)
Superfície 432 800 km²
Profundidade màxima 459 m
Profundidade media 57 m
Outros datos
Cidades costeiras Malmö, Estocolmo, Sundsvall e Luleå (SUE)
Oulu, Vaasa, Turku e Helsinki (FIN)
San Petersburgo e Kaliningrado (RUS)
Tallinn (EST)
Riga (LET)
Klaipėda (LTU)
Gdansk (POL)
Copenhague (DIN)
Mapa
Localización do mar en Europa

Localización do mar en Europa
Mar Báltico e países circundantes a vista satélite.
Mar Báltico e países circundantes a vista satélite.
Mapa do Mar Báltico

O mar Báltico (do latín Mare Balticum) é un mar interior de auga salobre do norte de Europa aberto ao mar do Norte e, finalmente, ao océano Atlántico a través dos estreitos de Kattegat e Skagerrak. Os países que o rodean son (empezando pola península Escandinava e seguindo en sentido horario): Suecia, Finlandia, Rusia (óblast de Leningrado e Kaliningrado), Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Alemaña e Dinamarca.

A súa superficie é de 432 800 km² e inclúe dous grandes golfos: o golfo de Finlandia, entre o sur deste país e Estonia, e o golfo de Botnia, entre a costa oriental de Suecia e o occidental de Finlandia. Xeolóxicamente é moi novo: só existe desde o VI milenio a.C. É moi pouco profundo (a media é de 57 m; a profundidade máxima é de 459 m ao norte da illa sueca de Gotland), o que, unida á pouca apertura ao océano, fai a renovación das augas moi lenta e favorece os problemas de contaminación. As mareas son de moi pequena amplitude.

A cunca que drena ao mar Báltico abarca a totalidade dalgúns países ribeiregos como as repúblicas bálticas, Polonia e a rexión rusa de Kaliningrado. Ademais, estes ríos nacen en, ou atravesan territorios pertencentes a outros países que, malia non posuír costas, comunícanse ao mar por vía fluvial. Tal é o caso da República Checa, Eslovaquia, Ucraína e Bielorrusia, quen acaban aportando auga (indirectamente) ao mar Báltico.

O mar Báltico é tamén, o maior depósito de ámbar do mundo e, ademais, a súa calidade é das mellores: dos vinte depósitos do mundo que hai de ámbar, dise que o do mar báltico só é superado polos de México e a República Dominicana, sendo o que máis ámbar de conífera produce e o de mellor calidade. Del extráense de 500 a 800 millóns de toneladas de ámbar.

Nomes[editar | editar a fonte]

O Mar Báltico recibe diferentes denominacións dependendo da lingua. As linguas románicas empregamos o nome de Báltico, semellante ás eslavas (Baltijas jūra en letón, Baltijos jūra en lituano), polonés (Morze Bałtyckie ou Bałtyk'), ruso (Балтийское море, Baltískoie More) ou caxubio (Bôłt) así como as Línguas bálticas e o inglés.

Por cuestións históricas, é coñecido polo Mar do Leste no finés (Itämeri) e por todas as linguas xermánicas agás no inglés, (Ostsee en alemán,Østersøen en danés, Östersjön en sueco), agás o inglés. Finlandia limita co mar polo oeste, mais coñéceno como mar do Leste a causa da ocupación sueca durante gran parte da súa historia.

En estoniano escríbese Läänemeri (mar do Oeste).

Historia[editar | editar a fonte]

En tempos do Imperio Romano, o mar Báltico era coñecido como o Mare Suebicum ou Mare Sarmaticum. Tácito describiu a Mare Suebicum, chamado así pola tribo Suebi, durante os meses de primavera, como un mar salobre onde o xeo rompe en anacos e flotan sobre el. Os Suebi acabaron emigrando ao suroeste para residir por un tempo na zona de Renania da Alemaña moderna, onde o seu nome sobrevive na rexión histórica coñecido como Swabia. Xordanes chamouno Mar xermánico na súa obra, a Getica.

Desde a época dos viquingos, os escandinavos chamárona Austmarr ("Lago do Leste"). O "mar do Leste" aparece na Heimskringla, e Eystra salt no Sörla þáttr. Saxo Grammaticus rexistra en Gesta Danorum un nome máis antigo, "Gandvik"; o sufixo nórdico antigo "-vik" (para baía) implica que os viquingos correctamente considerárono como unha entrada do mar.

A comezos do século XI, as costas do sur e do leste do Báltico foron asentados por migrantes principalmente de Alemaña, un movemento chamado o Ostsiedlung ("asentamiento do leste"). Outros colonos eran dos Países Baixos, Dinamarca e Escocia. Os eslavos polabios foron asimilados gradualmente polos alemáns.[1] Dinamarca gradualmente gañou o control sobre a maior parte da costa do Báltico, ata que perdeu gran parte das súas pertenzas logo de ser derrotado na batalla de Bornhöved de 1227.

Nos séculos XIII ao XVII, a forza económica máis forte no norte de Europa foi a Liga Hanseática, unha federación de cidades mercantiles de todo o mar Báltico e do mar do Norte. Nos séculos XVI e principios do XVII, Polonia, Dinamarca, e Suecia loitaron en guerras polo Dominium Maris Baltici ("Señorío sobre o mar Báltico"). Co tempo, foi de Suecia, que prácticamente abarcaba todo o mar Báltico. En Suecia referíanse ao mar como Mare Nostrum Balticum ("O noso mar Báltico").

Con todo, foron os holandeses quen dominaron o comercio do Báltico no século XVII.

Cidades costeiras[editar | editar a fonte]

As cidades máis importantes son:

Illas[editar | editar a fonte]

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os principais afluentes do Mar Báltico son:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: mar Báltico

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. Wend – West Wend. Britannica.com.