Bombai
Coordenadas: 18°58′30″N 72°49′33″L / 18.97500, -72.82583
Bombai | |
---|---|
बंबई मुम़बई | |
Localización | |
País | ![]() |
Estado | Maharashtra |
Xeografía | |
Altitude | 14 msnm |
Superficie | 603 km² |
Demografía | |
Poboación | 12 478 447 hab. (2011) |
Densidade | 20.694 hab./km² |
Xentilicio | Mumbaikar |
Outros datos | |
Código postal | 400 001 - 400 107 |
Alcalde | Snehal Ambekar (Shiv Sena) |
Páxina oficial (en inglés) |
Bombai[1] (en hindi: बंबई; en marathi: मुम़बई, "Mumbaī") é a capital do estado Indio de Maharashtra e está localizada nunha illa unida a costa oeste da India.
No século XVI, os portugueses denominaron esta zona Bombaim, nome que sería adaptado polos ingleses como Bombay. En 1995 estableceuse como denominación oficial a forma no idioma local, Mumbai, aínda que Bombai continúa a ser popular no estranxeiro. O nome de Mumbai é, aparentemente, un epónimo derivado da deusa hindú local Munbadevi e de Aai, que significa "nai" en marathi, aínda que esta etimoloxía é discutida.
Historia[editar | editar a fonte]
A rexión de Bombai estivo habitada dende o primeiro milenio antes de Cristo polos kolis, pobo drávida de pescadores, e os aagris, recolectores de sal. Os primeiros veneraban a Mumbadevi, encarnación local da deusa nai hindú. Construíuse de contado un templo, o Babulnath, dedicado ao seu culto preto da praia de Chowpatty, na punta occidental da baía.
Tolomeo chamou á zona Heptanesia, "sete illas", pois tal era o número que conformaban o apéndice final que se internaba no Mar Arábigo; ademais de Trombai e a grande illa de Salsette ao norte.
Nos primeiros séculos da nosa era había abondosos mosterios e covas hindús e budistas. A partir do século VIII foi refuxio de xudeus de Iemen e parsis mazdeístas que fuxían do avance musulmán, poboadores que caracterizarán o posterior cosmopolitismo do lugar.
Pero o verdadeiro comezo urbano de Bombai sitúase cara ao 1300, no que o raxá Bhimdev da dinastía Silhara traslada a súa corte, pola presión musulmá precisamente, de Mahim no norte, a illa dese nome, onde funda unha cidade ben fortificada, Mahikavati. Favorece o asentamento de comerciantes e agricultores. O templo Walkeshwar tamén é desta época.
Porén, entre 1343/48 os musulmáns do Sultanato de Guxarat fanse co poder das illas e constrúen en Mahim unha primitiva mesquita.
En 1533/34 son os portugueses quen obteñen a concesión de toda a rexión, dende Bassein (Vasai), ao norte no continente, ata as sete illas. Constitúe o inicio de Bombai propiamente dita, co asentamento dunha facenda na illa que chaman Mumbaim, pola deusa antedita cuxo templo alí existía, denominación que pronto cambiou a Bombaim. Asemade levantaron fortes en Mahim, Sion, Bandra e Bassein así como varias igrexas (por exemplo a de Santo Andrés en Bandra). Os xesuítas asentáronse en Mazagaon.
Mais os portugueses nunca estiveran moi interesados nas sete illas, que foron transferidas en 1661 ao rei inglés Carlos II coma dote matrimonial, e este cedeunas á Compañía Británica das Indias Orientais en 1668 que si andaba á procura dun porto de máis calado co de Surat. En 1687 transferiron a Bombai o seu cuartel xeral. A poboación sextuplicárase (de 10.000h en 1661 a 60.000 en 1675).
Axiña fortificaron a facenda portuguesa (Fort St. George), pero foi entre 1715 e 1745 que levantaron unha muralla que incluía o conxunto da vila, xermolo urbano da actual cidade.
A tarefa das décadas seguintes foi levar adiante a conexión e unión das sete illas mediante o recheo das zonas inundables intermedias. Levou século e medio configurar unha soa illa e polo medio a primeira liña do ferrocarril da India entre Bombai e Thana (1855) e un gran porto que aproveitara os tráficos xerados pola apertura da Canle de Suez.
Esta vocación de gañar terreos ao mar continuou por todo o século XX e ata hoxe cos plans de futuro da municipalidade.
En 2004 celebrouse nela o Foro Social Mundial.
Economía[editar | editar a fonte]
Bombai é o maior porto da parte occidental da India e conta cun porto natural de gran calado. A poboación en 2004 era de 12,7 millóns, o que a converte na sexta cidade do mundo en número de habitantes.
Bombai é a capital comercial da India e alberga institución financeiras importantes, tales como o Banco da Reserva da Índia, a Bolsa de Bombai e as sedes de numerosas empresas indias. As oportunidades comerciais e o nivel de vida, relativamente alto, teñen atraído inmigrantes de toda o país e o sueste asiático, polo que a cidade ten numerosas comunidades étnicas.
En Bombai localízase Bollywood, o epicentro da industria cinematográfica e televisiva india e o maior produtor mundial de películas. Este nome está formado a partir do Hollywood dos Ánxeles (California). Bombai é unha das poucas cidades que conta cun Parque Nacional dentro dos límites municipais.
Demografía[editar | editar a fonte]
A poboación de Bombai experimentou un crecemento exponencial a raíz da coloniazación británica, pasando de 10.000 habitantes en 1661 a 100.000 en 1764. Seguindo esta progresión a cidade xa tiña medio millón de habitantes en 1845 e no primeiro censo oficial, realizado en 1864 a poboación era de 817.000 persoas. Despois de varios altibaixos a causa das epidemias no ano 1911 superou o millón de habitantes.
|
|
|
Dende 1951 as cifras da poboación son a data 1° de marzo, incluída a estimación media para 2011.
Cultura[editar | editar a fonte]
Museos[editar | editar a fonte]
- Museo Príncipe de Gales, de arquitectura colonial británica cunha cúpula de estilo mogol comezou a construirse no ano 1905, sendo o rei Xurxo V aínda Príncipe de Gales. O museo destaca pola súa colección de pintura e escultura, como cadros mogois, traballos en xade ou figuras de terracota do período Maurya.
- Museo Mahatma Gandhi, sito no que foi entre 1917 e 1934 o lugar de traballo en Bombai de Mahatma Gandhi alberga unha importante biblioteca científica, así como obxectos cotiáns de Gandhi.
Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para támil. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parsi.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bombai |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: India |