Mesopotamia
Mesopotamia (do grego, mésos e potamós: entre ríos) é unha rexión xeográfica histórica do Oriente Medio, delimitada entre os ríos Tigris e Éufrates, ocupada polo actual territorio do Iraq. Os ríos desembocan no Golfo Pérsico e a rexión está rodeada por desertos.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Mesopotamia constitúe un val aluvial [1] conformado polos ríos Tigris e Éufrates que fixeron da rexión unha terra fartureira no medio de rexións áridas ou montañosas. Distínguense dúas zonas, o norte ou Alta Mesopotamia, territorio de altiplano con vales encaixados, con chuvias regulares que permiten a existencia da agricultura e o sur ou Baixa Mesopotamia, zona de chairas onde se practica unha agricultura de irrigación.
Historia[editar | editar a fonte]
Mesopotamia |
Río Éufrates – Tigris |
Cidades / Imperios |
Sumeria: Uruk – Ur – Eridu |
Kish – Lagash – Nippur |
Imperio acadio: Agadé |
Babilonia – Isín – Larsa – Susa |
Asiria: Asur – Nínive |
Nuzi – Nimrud |
Imperio Babilónico – Caldea – |
Elam – Amorreos |
Mitanni – Casitas |
Cronoloxía |
Reis sumerios |
Reis de Asiria |
Reis de Babilonia |
Lingua |
Escrita cuneiforme |
Lingua sumeria – Acadio |
Elamita |
Mitoloxía |
Gilgamesh – Marduk |
Despois do 8000 a.C coa finalización da última glaciación cuarternaria produciuse en varias partes o desenvolvemento da agricultura e a gandería, o home comezaba a producir o seu propio alimento e Mesopotamia foi pola súa xeografía e pola abundancia de cereal bravo unha das rexións onde se deu este paso.[2] As escavacións de Jarmo [3] testemuñan a importancia da agricultura no neolítico no norte de Mesopotamia. Este desenvolvemento da agricultura trouxo consigo novos descubrimentos e progresos: o pico, a fouce e o arado, a olería e a cestería.
O sur da rexión os sumerios, que construíron primeiras cidades das que ten coñecimento a humanidade, como Ur e Lagash, foi un proceso longo desde os primeiros asentamentos permanentes datados no 5500 a.C. ata as primeiras cidades xa no 3500 a.C.[4] As cidades foron erixidas sobre outeiros e fortificadas para que se puidesen defender da invasión doutros pobos que buscaban un mellor lugar para vivir. Eran cidades-estados: cada cidade era independente e tiña o seu propio goberno. A sociedade faise máis complexa, aparece unha industria artesanal especializada[5] e o comercio non só local senón entre as cidades.
A Mesopotamia tamén é coñecida como o "Crecente Fértil", (de Lúa crecente), por ter o formato dunha Lúa crecente e de ter un chan fértil.
- -6000--5000: Invención do arado e da roda.
- -5000: Primeiras aldeas, cultivo de cereais, cerámica.
- -3000: Idade de Bronce. Civilización sumeria. Primeiras cidades. Creación da escrita e o sistema de numeración.
- -2500: Sargón I de Acadia unifica a Mesopotamia.
- -2000: Primeira civilización asiria. Invasión dos hititas.
- -1900--1200: Primeiro imperio babilónico. Reino de Hammurabi. Primeiro código escrito.
- -1200: Fin do reino babilónico e dominación asiria na Mesopotamia.
- -1100: Destrución do Imperio Hitita. Nabucodonosor I de Babilonia unifica o reino. Segundo Imperio Babilonico. Nace o reino de Israel.
- -700: Reino dos medos.
- -600: En Babilonia: Reino de Nabucodonosor II.
- -550--470: Ciro, o Grande, conquista Ecbatana, capital dos medos, e Babilonia. Inicio do reinado persa.
- -470: Alexandre Magno derrota os persas e conquista a Mesopotamia.
Pobos da Mesopotamia[editar | editar a fonte]
A Mesopotamia foi unha rexión por onde pasaban moitos pobos nómades oriúndos de diversas rexións. A terra fértil fixo que algúns deses pobos se establecesen aí. Da convivencia entre moitas desas culturas floreceron as sociedades mesopotámicas.
Sumerios[editar | editar a fonte]
Os sumerios, asentados na rexión desde o 3.500 a.C. foron os creadores dunha auténtica civilización urbana. Desde o cuarto milenio a.C., realizaban obras de irrigación e utilizaban técnicas de metalurxia do bronce. Empregaban unha escrita cuneiforme. A súa organización social influenciou a moitos pobos que os sucederon na rexión.
Babilonios[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Babilonios.
No inicio do segundo milenio a.C., a rexión da Mesopotamia constitúese nun grande e unificado imperio que tiña como centro administrativo a cidade da Babilonia, situada nas marxes do río Éufrates. O soberano que máis se destacou foi Hammurabi, elaborando leis que ficaron coñecidas como código de Hammurabi. Despois da súa morte, a Mesopotamia foi abalada por sucesivas invasións, ata a chegada dos asirios.
Asirios[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Asiria.
De orixe semita, os asirios vivían do pastoreo e habitaban as marxes do río Tigre. A partir do final do segundo milenio a.C., pasaron a se organizar como sociedade altamente militar e expansionista. Realizaron diversas conquistas e expandiron o seu dominio para alén da propia Mesopotamia, chegando ao Exipto. O centro administrativo do imperio asirio era Nínive.
Caldeos[editar | editar a fonte]
Pobo de orixe semita que se estableceu na Mesopotamia no inicio do primeiro milenio a.C., os caldeos foron os principais responsabeis pola derrota dos asirios e pola organización do novo imperio babilonico. Nabucodonosor II foi o soberano máis coñecido dos caldeos. Gobernou por case sesenta anos e despois da súa morte os persas dominaron o novo imperio babilonico.
Arte[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Arte de Mesopotamia.
En Mesopotamia desenvolveuse unha cultura e unha arte cunha sorprendente variedade de formas e estilos.[6]
Con todo, a arte en xeral mantivo bastante unidade en canto á súa intencionalidade, que deu como resultado unha arte un pouco ríxida, xeométrica e cerrada, xa que tivo unha finalidade práctica e non estética, desenvolta ao servizo da sociedade.[7]
Escultura[editar | editar a fonte]
Ás veces representaba soberanos, outras deuses, outras funcionarios, pero sempre aparecían persoas individualizadas (ás veces tamén incluía o seu nome gravado). Buscaba substituír a persoa máis que representala. A cabeza e o rostro estaban desproporcionados respecto ao corpo por este motivo, desenvolveron o chamado realismo conceptual: simplificaban e regularizaban as formas naturais grazas á lei da frontalidade (parte dereita e esquerda absolutamente simétricas) e ao xeometrismo (figura dentro dun esquema xeométrico que normalmente era o cilindro e o cono). As representacións humanas estaban afectadas dunha total indiferenza pola realidade. Os animais presentaban un maior realismo. Os temas máis recorrentes da escultura mesopotámica foron os touros monumentais, moi estilizados e realistas.
As técnicas máis utilizadas foron o relevo monumental, a estela, o relevo parietal, o relevo de ladrillos esmaltados e o selo: outras formas de esculpir e desenvolver auténticos cómics ou narracións neles.
Estatua dun home barbudo, probablemente un rei e sacerdote, en pedra calcaria. Período de Uruk, año 3300 a. C., Museo del Louvre
Estela dos voitres. Conmemora a vitoria do rei Eannatum de Lagash sobre Umma durante o período dinástico arcaico, ano 2450 a. C., Museo do Louvre
Estatua do superintendente Ebih II (detalle da cabeza), 52,5 cm de alto, procedente do templo de Ishtar en Mari, período acadio, ano 2400 a. C., Museo do Louvre
Estatua sedente del príncipe Gudea, escultura en diorita, 46 centímetros de alto, escavado en Telloh (antiga Girsu), Iraq, período neo-sumerio, ano 2120 a. C., Museo do Louvre
Personalidades históricas da Mesopotamia[editar | editar a fonte]
Cidades e rexións históricas da Mesopotamia[editar | editar a fonte]
Mesopotamia na cultura popular[editar | editar a fonte]
Durante séculos a memoria sobre Mesopotamia conservouse en occidene só a través do que dicía dela a Biblia sendo motivo de moitas composicións artísticas, sobre todo na pintura co mito da torre de Babilonia. Porén tivo unha forte competencia co Antigo exipto á hora de captar a atención, incluso no campo da literatura, onde a maioría de novelas históricas tratan sobre o mundo grecorromano e exipcio.
Entre as novelas sobre mesopotamia cabe destacar "Gilgamesh, o rei" de Robert Silverberg; na banda deseñada "Nippur de lagash".
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lester Charles King The Morphology of the Earth: A Study and Synthesis of World Scenery, Edimburgo, 1962, páx. 474
- ↑ Jackson J. Spielvogel, Western Civilization: Volume I: To 1715, Wadsworth, 6ª ed, 2005, páx. 4
- ↑ Brian M. Fagan, People of the Earth: An Introduction to World Prehistory, Harpercollins College, 7ª ed., 1992, páx. 52 e 322
- ↑ Marc Van de Mieroop The Ancient Mesopotamian City, Oxford University Press, 1999, páx. 23
- ↑ Gil Stein, Producers, Patrons, and Prestige: Craft Specialists and Emergent Elites in Mesopotamia from 5500-3100 BC en Craft Specialization and Social Evolution, ed. Bernard Wailes, University of Pennsylvania Museum, Filadelfia, 1996 pp. 25-38
- ↑ "Esculturas de Mesopotamia". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 12 de maio de 2013.
- ↑ Arte en Mesopotamia
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mesopotamia |