Ibn Battuta

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaIbn Battuta

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalShams ad-Din Abu Abd Allah Muhammad ibn Muhammad ibn Ibrahim al-Luwati at-Tanyi
Biografía
Nacementoأبو عبد الله محمد بن عبد الله اللواتي الطنجي بن بطوطة
24 de febreiro de 1304 Editar o valor em Wikidata
Tánxer, Marrocos
Mortec. 1368 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Fez (Dinastía merínida) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeografía, xurisdición, exploración e fiqh Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , cadí , comerciante , viaxeiro , cartógrafo , xeógrafo , escritor , alfaquí Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe, lingua persa e lingua turca Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxefirst wife of Ibn Battuta (en) Traducir (1325–) Editar o valor em Wikidata

Abu Abdullah Muhammad bin Abdullah bin Muhammad al-Lawati al-Tanji (árabe: أبو عبد الله محمد بن عبد الله بن محمد بن إبراهيم اللواتي الطنجي), máis coñecido como Ibn Battuta (en árabe: ابن بطوطة), foi un viaxeiro, explorador e estudoso da época da dinastía merínida, nado en Tánxer o 24 de febreiro de 1304 (correspondente ao 17 de rayab do ano 703 da Héxira), e finado entre 1368 e 1369 en Marrakech. Este formaría parte da familia dos Banu Battuta (como Battuya)[1] O nacer nesta familia dedicada ás magistraturas, permitiralle ter unha base económica para a realización deste tipo de viaxes.

É o máis coñecido dos grandes viaxeiros árabes: a súa rihla ou periplo polo oriente durou vinte anos, que relatou con detalle nunha crónica ditada ao estudoso granadino Ibn Yuzayy, a instancias do sultán marínida (ou benimerín). Practicamente todo o que se sabe da súa vida procede deste relato, que aínda sendo fantasioso ou esaxerado nalgúns puntos, é o retrato máis fiel que existe da parte do mundo que o viaxeiro percorreu nesa época. Na súa viaxe andou unha distancia maior que a da do seu contemporáneo Marco Polo, cruzando o oeste, centro e norte de África, o sur e o leste de Europa, Oriente medio, a India, Asia central, o sueste asiático e a China.

Parella á transcendencia do personaxe, a Asociación Ibn Battuta, formada por historiadores e profesionais do sector turístico, xestiona o museo de Ibn Battuta en Tánxer, no barrio de Al-kasaba.

A importancia deste viaxeiro, a pesar de que tristemente se vexa subestimada, é de gran transcendencia por tratarse dunha persoa que puido viaxar por medio mundo recollendo testemuño, no seu Rihla, de diversos e espléndidos lugares, ao mesmo tempo que os describía e falábanos deles, podendo así usar os seus escritos como unha fonte para o estudo da Idade Media do mundo islámico.

Durante un período de trinta anos, de 1325 a 1354, Ibn Battuta visitou a maior parte de África do Norte, Oriente Próximo, África oriental, Asia Central, Asia Meridional, Asia Suroriental, China, a Península Ibérica e África Occidental. Case ao final da súa vida, ditou un relato das súas viaxes, titulado Un agasallo para quen contempla as marabillas das cidades e as marabillas de viaxar (en árabe تحفة النظار في غرائب الأمصار وعجائب الأسفار‎?, Tuḥfat an-Nuẓẓār fī Gharāʾib al-Amṣār wa ʿAjāʾib al-Asfār), pero coñecido comunmente como A Rihla.

Ibn Battuta viaxou máis que ningún outro explorador da historia premoderna, en total uns 117,000 km (72,700 mi), superando a Zheng He cuns 50,000 km (31,069 mi) e a Marco Polo con 24,000 km (14,913 mi).[2][3][4] Expuxéronse dúbidas sobre a historicidade dalgúns das viaxes de Ibn Battuta, sobre todo cando chegan máis ao leste.


En 1976 a Unión Astronómica Internacional nomeou un astroblema lunar, «Ibn Battuta» na súa honra.[5] O aeroporto de Tánxer, a súa cidade natal, tamén leva o seu nome.

Nome[editar | editar a fonte]

Ibn Battuta é un patronímico que significa literalmente "fillo do patiño".[6] O seu nome completo máis común é Abu Abdullah Muhammad ibn Battuta.[7] No seu caderno de viaxe, a Rihla, dá o seu nome completo como Shams al-Din Abu’Abdallah Muhammad ibn’Abdallah ibn Muhammad ibn Ibrahim ibn Muhammad ibn Yusuf Lawati al-Tanji ibn Battuta.[8][9][10]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Unha miniatura de Yahya ibn Mahmud al-Wasiti do Maqâmât al-Harîrî Schefer de peregrinos nun hajj.

Todo o que se sabe da vida de Ibn Battuta procede da información autobiográfica incluída no relato das súas viaxes, no que consta que era de ascendencia berber, [3] nado nunha familia de legalistas islámicos en Tánxer, coñecidos como qadis na tradición musulmá de Marrocos, o 24 de febreiro de 1304, durante o reinado da dinastía mariní.[11] A súa familia pertencía a unha tribo berber coñecida como Lawata.[12] De mozo, estudaría nunha madhhab maliki sunnita (Escola de xurisprudencia islámica), a forma de educación dominante no norte de África naquela época.[13] Os musulmáns malikíes pediron a Ibn Battuta que actuase como xuíz relixioso, xa que procedía dunha zona onde se practicaba.[14]

A Rihla[editar | editar a fonte]

Muhámmad ibn Battuta iniciou a súa viaxe con intención de realizar o hajj ou peregrinación á Meca, que constitúe un dos cinco piares do Islam, e de visitar a tumba de Mahoma en Medina. Partiu de Tánxer, segundo a súa crónica, o 2 de rayab do 725 da Héxira, 13 de xuño de 1325, «só, sen compañeiro con quen compartir amizade nin caravana á que adherirme». Tiña daquela 22 anos. Non volvería até 24 anos máis tarde, despois de ter percorrido máis de 120.000 quilómetros, dun extremo a outro do mundo musulmán e fóra del.

De Tánxer á Meca[editar | editar a fonte]

Seguiu a costa norte de África, á que non presta moita atención no seu relato, até chegar a Exipto. Desde alí había tres rutas comunmente usadas para ir á Meca e Ibn Battuta escolleu a menos frecuentada: unha viaxe Nilo arriba (isto é, cara ao sur) e logo cara ao porto de Aydab no Mar Vermello. Non obstante, unha rebelión local impediulle chegar a Aydab, debendo regresar á capital exipcia.

Viaxeiro árabe, ilustración de 1237

Desde a capital arranca un periplo polo País de Sham (Siria e Palestina), que entón formaba parte dos dominios da mesma dinastía mameluca —a dinastía Bahrí— que gobernaba Exipto. Isto permitiulle desprazarse con certa seguridade, xa que as autoridades mamelucas facían un especial esforzo en manter segura para os peregrinos a ruta que pasaba polos lugares santos de Hebrón, Belén e Xerusalén.

Tras pasar o mes de ramadán en Damasco, Ibn Battuta seguiu 800 millas unha caravana até Medina, onde, na súa mesquita principal, está soterrado Mahoma. Logo seguiu cara á Meca, onde cumpriu cos ritos habituais dun peregrino musulmán, adquirindo o apelativo de hayi («peregrino»). En teoría cumprira os obxectivos da súa viaxe, pero en lugar de volver a Marrocos, decidiu acompañar a unha caravana de peregrinos procedentes de Iraq e Irán de regreso aos seus fogares.

Iraq, Persia, Curdistán e volta á Meca[editar | editar a fonte]

Ibn Battuta coñece o Iraq gobernado polos mongois. En primeiro lugar visita Najaf, o lugar de enterramento do cuarto califa, Ali ibn Abi Talib. Desde alí viaxou a Basora e logo pasa a Persia, visitando Esfahan –que só unhas décadas atrás fora case destruída por Tamerlán–, Shiraz e outros lugares. Volve a Iraq e visita Kufa e Bagdad, a antiga capital dos Abbásidas, agora convertida en cidade de segunda orde tras ter sido saqueada polas tropas mongois de Hulagu Khan.

En Bagdad coñeceu ao novo Abu Said Bahadur, «rei dos dous Iraq» e último gobernante do Ilcanato unificado, cunha morte e posterior fragmentación do seu reino que é contado por Ibn Battuta no seu relato. Viaxa coa caravana real e desvíase dela acompañando a un dos príncipes á cidade persa de Tabriz na Ruta da Seda, para regresar logo ao campamento de Abu Saíd. Obtén do rei o patrocinio para realizar unha segunda peregrinación á Meca, regresando a Bagdad para facer os preparativos. Ibn Battuta aproveita o tempo que resta até a saída da caravana de peregrinos para visitar o norte do país, atravesando poboacións como Samarra, Tikrit e Mosul e chegando até o Kurdistán.

Nas súas viaxes por Iraq e Persia, Ibn Battuta ten ocasión de coñecer aos xiítas, rama do islam inexistente no Magreb, cunhas crenzas que abomina e a quen non oculta a súa antipatía.

Tras cumprir por segunda vez co rito do hajj, Ibn Battuta ficou na Meca durante un ano, dedicándose enteiramente á vida relixiosa, o que lle permitiu coñecer numerosos peregrinos.

Iemen e a costa africana[editar | editar a fonte]

En decembro de 1330, Ibn Battuta emprende viaxe cara ao sur. En Jeddah embárcase cara á costa nubia, no actual Sudán, para cruzar de novo o Mar Vermello pouco despois cara ao Iemen, onde é aloxado por Nur ad-Din Ali. De Adén arranca unha longa viaxe por mar co que percorrerá as costas de África, o sur da Península Arábiga e o Golfo Pérsico. Pasando arredor dunha semana en cada un dos seus destinos, visitou Etiopía, Mogadiscio, Mombasa, Zanzíbar e Kilwa Kisiwani, entre outros lugares. Co cambio do monzón, o barco no que ía volveu cara ao sur de Arabia. Para completar a súa aventura, antes de volver establecerse na Meca, visitou Omán e o Estreito de Ormuz.

Asia occidental e central[editar | editar a fonte]

Despois dun ano, decidiu buscar ocupación co Sultán de Delhi. Necesitando un guía e tradutor para viaxar alí, foi a Anatolia, daquela baixo control dos turcos selxúcidas, para unirse a unha das caravanas que ían até a India. Unha viaxe por mar desde Damasco nun barco xenovés levouno até Alanya na costa sur de Anatolia. Desde alí viaxou por terra a Konya e despois a Sinope na costa do Mar Negro.

Cruzando o Mar Negro, Ibn Battuta tomou terra en Kaffa, en Crimea, e entrou nas terras da Horda de Ouro. Alí comprou un carro e de maneira fortuíta adheriuse á caravana de Ozbeg, o Khan da Horda de Ouro, nunha viaxe até Astrakán, no río Volga.

Tras alcanzar Astrakán, o khan permitiulle a unha das súas esposas embarazadas volver para dar a luz na súa cidade de orixe, Constantinopla. Ibn Battuta uniuse a esta viaxe, a primeira das súas fóra dos límites do mundo islámico.

Tras chegar alí a finais do 1332, encontrou ao emperador Andrónico III e viu o exterior da Santa Sofía. Despois dun mes na cidade, volveu sobre a súa ruta cara a Astrakán, continuou polo Mar Caspio e o Mar de Aral a Buxara e Samarcanda. Desde alí viaxou cara ao sur até Afganistán, que cruzou para ir á India.

India[editar | editar a fonte]

O Sultanato de Delhi era unha adición relativamente nova a Dar al-Islam (a terra do islam), e o sultán decidira traer tantos estudosos musulmáns como fora posible para consolidar o seu dominio. Coa sabedoría adquirida nos seus anos de estudo mentres estaba na Meca, Ibn Battuta foi nomeado qadi ("xuíz") polo Sultán Muhammad Tuguluq.

Pero o Sultán era incluso máis arbitrario que o usual na súa época e Ibn Battuta pasou de vivir a cómoda vida dun subordinado de confianza a estar baixo sospeita por moitas razóns. Co tempo decidiu irse, baixo pretexto de facer outra peregrinación á Meca, pero o Sultán ofreceulle a posibilidade de ir como embaixador a China. Ante a oportunidade, tanto de afastarse do sultán, como de visitar novas terras, Ibn Battuta aceptou.

En ruta cara á costa, el e o seu grupo foron atacados por rebeldes hindús e separado dos outros roubáronlle e case perde a vida. Non obstante, logrou alcanzar a caravana en dous días e continuou a súa viaxe a Cambay. Desde alí embarcaron cara a Calicut. Pero, mentres Ibn Battuta visitaba unha mesquita na costa, desencadeouse unha tormenta e dous dos barcos da súa expedición resultaron afundidos. O terceiro, entón, partiu sen el e acabou sendo requisado por un rei local en Sumatra uns meses máis tarde.

Temeroso de volver a Delhi fracasado, permaneceu un tempo no sur, baixo a protección de Jamal al-Din, pero cando este home foi derrocado, Ibn Battuta debeu abandonar completamente a India. Decidiu continuar cara a China cun desvío ás Maldivas cerca do inicio da viaxe.

Nas Maldivas pasou nove meses, moito máis do que se propoñía. O seu saber como qadi era moi apreciado nas illas e foi medio subornado medio secuestrado para quedar. Nomeado xuíz en xefe e casado dentro da familia real, chegou a verse enredado na política local, e acabou marchando de mala maneira, ao impoñer Battuta xuízos estritos no reino, habituado ao "laissez-faire". Desde alí, continuou a Ceilán para visitar o Pico de Adán.

Pouco despois de saír de Ceilán, o seu barco case se afunde no medio dunha tormenta. Logo, o barco que o rescatou, foi atacado por piratas. Desembarcado na costa, Ibn Battuta, unha vez máis refixo o seu camiño de volta a Calicut, desde onde navegou ás Maldivas de novo antes de embarcar outra vez e tratar outra vez de alcanzar a China.

Sueste asiático e a China[editar | editar a fonte]

Esta vez tivo éxito, alcanzando en rápida sucesión Chittagong, Sumatra, Vietnam, e finalmente Quanzhou, provincia de Fujian, na China. Desde alí seguiu ao norte até Hangzhou, non lonxe da moderna Shanghai. Tamén pretendeu viaxar incluso máis ao norte, polo Gran Canal a Khanbaliq (خاب باليق) (Pequín), pero crese que é unha das súas invencións, non un feito real.

Volta a Marrocos polo Mediterráneo[editar | editar a fonte]

De volta a Quanzhou, Ibn Battuta decidiu volver a casa, aínda que non sabía ben exactamente cal era "a súa casa". Volvendo a Calicut unha vez máis, considerou quedar con Mohammed Tuguluq, pero pensouno mellor e decidiu seguir cara á Meca outra vez. Volvendo vía Ormuz e o Il-Khanato, viu que o estado se desfacía nunha guerra civil, tendo finado Abu Sa'id desde a súa anterior estancia alí.

Volvendo a Damasco, coa intención de seguir outra vez a ruta do seu primeiro hach, soubo que se pai falecera. A morte estivo presente durante o ano seguinte pola peste negra, e Ibn Battuta estaba ao seu alcance conforme se estendía por Siria, Palestina e Arabia. Tras chegar á Meca, decidiu volver a Marrocos, case un cuarto de século despois de saír de alí. Durante a viaxe fixo un último desvío até Sardeña, e logo volveu a Tánxer para descubrir que súa nai tamén morrera, poucos meses antes.

Afincándose en Tánxer durante uns anos, Ibn Battuta comeza unha viaxe a Al-Andalus. Por entón, Afonso XI de Castela ameazaba con conquistar Xibraltar, e Ibn Battuta uniuse a un grupo de musulmáns que saían de Tánxer coa intención de defender o peñón. Cando chegou, Afonso perecera da peste negra e a ameaza desaparecera, así que Ibn Battuta decidiu seguir a viaxe por pracer. Viaxou por Valencia e acabou en Granada.

Ao deixar Al-Andalus, decidiu viaxar por unha das poucas partes do mundo musulmán que nunca explorara: Marrocos. Na súa volta á casa detívose un tempo en Marrakech, que era case unha cidade pantasma tras a recente epidemia e o cambio da capital a Fez.

Unha vez máis, retornou a Tánxer, e unha vez máis, volveu a partir. Dous anos antes da súa primeira viaxe ao Cairo, o rei do Imperio de Malí, Mansa Musa, pasara por esa cidade no seu propio hach e causara sensación coas súas extravagantes riquezas; algo así como a metade do subministración mundial de ouro nese tempo proviña da África Occidental. Aínda que Ibn Battuta nunca o menciona abertamente, esas noticias oídas durante a súa propia viaxe deberon incitar a súa curiosidade, porque decidiu partir e visitar ese reino musulmán no outro extremo do Deserto do Sáhara.

África occidental[editar | editar a fonte]

A finais de 1351, Ibn Battuta partiu de Fez, alcanzando a localidade de Sijilmasa pouco máis dunha semana despois. Cando as caravanas de inverno comezaron poucos meses máis tarde, uniuse a unha delas, e nun mes despois estaba na localidade de Taghaza, no Sáhara Central, pertencente ao reino de Malí. Centro do comercio do sal, Taghaza estaba inundada de sal e de ouro de Malí, aínda que Ibn Battuta non tivo unha favorable impresión do lugar. Outra viaxe de 800 km a través da peor parte do deserto levouno a Malí, e máis exactamente, á localidade de Walata.

Desde alí viaxou ao suroeste por un río que el cría que era o Nilo (pero que realmente era o Río Níxer) até que chegou á capital do Imperio de Malí. Alí encontrou ao Mansa Suleiman, rei desde 1341. Aínda que dubidoso pola escasa hospitalidade do rei, non obstante permaneceu alí durante oito meses antes de volver polo Níxer até Tombuctu que, aínda que nos seguintes dous séculos se tornaría na cidade máis importante da rexión, nesa época era pequena e insignificante, e Ibn Battuta pronto seguiu cara a adiante. Nalgún lugar da súa viaxe, a través do deserto recibiu unha mensaxe do Sultán de Marrocos ordenándolle que volvera. Así o fixo, e esta vez quedou.

Época final[editar | editar a fonte]

Mausoleo de Ibn Batuta.

Sábese pouco da vida de Ibn Battuta despois da publicación da Rihla. Podería ter sido nomeado qadi en Marrocos.

Ibn Battuta morreu en Marrocos nalgún momento entre 1368 e 1377. Durante séculos o seu libro foi descoñecido, incluso dentro do mundo musulmán, pero no século XIX foi redescuberto e traducido a varias linguas europeas. Desde entón, a fama de Ibn Battuta foi en aumento e é agora unha figura ben coñecida no Oriente Medio.

Na medina de Tánxer, Ibn Batuta ten un pequeno mausoleo familiar, que é lugar de oración.

Obras[editar | editar a fonte]

Copia histórica de partes seleccionadas do Relato da viaxe de Ibn Battuta, 1836, O Cairo

Despois de regresar a casa das súas viaxes en 1354, e por suxestión do gobernante mariní de Marrocos, Abu Inan Faris, Ibn Battuta ditou un relato en árabe das súas viaxes a Ibn Yuzayy, un erudito a quen coñecera previamente en Granada. Ese relato é a única fonte das aventuras de Ibn Battuta. O título completo do manuscrito pode traducirse como Unha obra mestra para quen contempla as marabillas das cidades e as marabillas da viaxe ( تحفة النظار في غرائب الأمصار وعجائب الأسفار , Tuḥfat an-Nuẓẓār fī Gharāʾib al-Asjār fī Gharāʾib al-Asjārrib al-Asjār ).[15] Con todo, a miúdo coñecese simplemente como As viaxes.( الرحلة ,Rihla),[16] en referencia a unha forma estándar de literatura árabe.

Non hai indicios de que Ibn Battuta tomase notas ou tivese algún diario durante os seus vinte e nove anos de viaxe. Cando chegou a ditar o relato das súas experiencias, tivo que confiar na memoria e os manuscritos producidos por viaxeiros anteriores. Ibn Juzayy non recoñeceu as súas fontes e presentou algunhas das descricións anteriores como as propias observacións de Ibn Battuta. Ao describir Damasco, A Meca, Medina e algúns outros lugares de Oriente Medio, copiou pasaxes do relato do andaluz Ibn Jubayr que fora escrito máis de 150 anos antes.[17] De maneira similar, a maioría das descricións de Ibn Juzayy de lugares en Palestina foron copiadas dun relato do viaxeiro do século XIII Muhammad al-Abdari.[18]

Os eruditos non cren que Ibn Battuta visitose todos os lugares que describiu e argumentan que para proporcionar unha descrición completa de lugares no mundo musulmán, baseouse en probas de oídas e utilizou relatos de viaxeiros anteriores. Por exemplo, considérase moi pouco probable que Ibn Battuta fixese unha viaxe polo río Volga desde New Sarai para visitar Bolgar[19] e existen serias dúbidas sobre unha serie doutras viaxes, como a súa viaxe a Sana'a no Iemen,[20] a súa viaxe de Balkh a Bistam en Khorasan[21] e a súa viaxe por Anatolia.[22]

A afirmación de Ibn Battuta de que un magrebí chamado "Abu'l Barakat o berber" converteu as Maldivas ao islam contradise cunha historia completamente diferente que di que as Maldivas convertéronse ao islam despois de que un tabrizi chamado Maulana Shaikh Yusuf Shams-ud realizase milagres -dito segundo o Tarikh, a historia oficial das Maldivas.[23]

Algúns académicos tamén cuestionaron se realmente visitou China.[24] Ibn Battuta pode haber plaxiado seccións enteiras das súas descricións de China tomadas de obras doutros autores como "Masalik al-absar fi mamalik al-amsar" de Shihab al-Umari, Sulaiman al-Tajir, e posiblemente de A Juwayni, Rashid al din e un romance con Alexander. Ademais, a descrición de Ibn Battuta e os escritos de Marco Polo comparten seccións e temas extremadamente similares, con algúns dos mesmos comentarios, por exemplo, é pouco probable que o terceiro califa Uthman ibn Affan tivese a alguén co mesmo nome en China que foi atopado por Ibn Battuta.[25]

Con todo, mesmo se a Rihla non se basea completamente no que o seu autor presenciou persoalmente, proporciona un relato importante de gran parte do mundo do século XIV. Ibn Battuta usou concubinas como en Delhi.[26][27] Casou con varias mulleres, divorciouse polo menos dalgunhas delas, e en Damasco, Malabar, Delhi, Bukhara e as Maldivas tivo fillos delas ou de concubinas.[28] Ibn Battuta insultou aos gregos como "inimigos de Alá", borrachos e "comedores de porcos", mentres que ao mesmo tempo en Éfeso comprou e usou a unha moza grega que era unha das súas moitas escravas no seu "harén" a través de Bizancio, Khorasan, África e Palestina.[29] Pasaron dúas décadas antes de que regresase novamente para pescudar que lle sucedeu a unha das súas esposas e o seu fillo en Damasco.[30]

Ibn Battuta a miúdo experimentou un choque cultural nas rexións que visitou onde os costumes locais dos pobos recentemente convertidos non encaixaban coa súa orixe musulmá ortodoxa. Entre os turcos e os mongois, asombrouse da liberdade e o respecto de que gozaban as mulleres e comentou que ao ver a unha parella turca nun bazar podíase supor que o home era o servente da muller cando en realidade era o seu marido.[31] Tamén sentiu que os costumes de vestir nas Maldivas e algunhas rexións subsaharianas en África eran demasiado reveladoras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Enciclopedia de Al-Andalus" (PDF). 
  2. Parker, John (2004). "Marco Polo". The World Book Encyclopedia 15 (illustrated ed.). United States: World Book, Inc. ISBN 978-0-7166-0104-3. 
  3. 3,0 3,1 Dunn 2005, p. 20.
  4. Nehru, Jawaharlal (1989). Glimpses of World History. Oxford University Press. p. 752. ISBN 978-0-19-561323-0.  Tras esbozar a extensa ruta da viaxe de Ibn Battuta, Nehru sinala: "Este é un rexistro de viaxe que é bastante raro hoxe en día con nosas moitas comodidades. En calquera caso, Ibn Battuta debe figurar entre os grandes viaxeiros de todos os tempos".
  5. Ficha del cráter lunar «Ibn Battuta», Gazeteer of Planetary Nomenclature Consultado o 21 de marzo de 2012.
  6. Gearon, Eamonn (2011). The Sahara: A Cultural History. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-986195-8. 
  7. "Ibn Battuta - Biography, Facts and Pictures". 
  8. Mark, Joshua J. "Ibn Battuta". World History Encyclopedia (en inglés). Consultado o 12 de decembro do 2023.  O seu nome completo, tal e como figura na Rihla, era Shams al-Din Abu Abdallah Muhammad ibn Abdallah ibn Muhammad ibn Ibrahim ibn Muhammad ibn Yusuf ao-Lawati al-Tanji ibn Battuta, e todo o que se sabe da súa familia procede da Rihla, que recolle referencias á súa educación e proporciona a súa liñaxe.
  9. "Ibn Battuta (1304–1368) | Encyclopedia.com". www.encyclopedia.com. 
  10. "Ibn Battuta | Biography, History, Travels, & Map | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 12 de decembro do 2023.  "Ibn Battuta, tamén escrito Ibn Baṭṭūṭah, na súa forma completa Abū ʿAbd Allāh Muḥammad ibn ʿAbd Allāh al-Lawātī al-Ṭanjī ibn Baṭṭūṭah, (nacido o 24 de febreiro de 1304, Tánxer, Marrocos-morto en 1368/69 ou 1377, Marrocos), o maior viaxeiro musulmán medieval e autor dun dos libros de viaxes máis famosas, a Riḥlah (Viaxes)."
  11. Dunn 2005, p. 19
  12. Defrémery & Sanguinetti 1853, p. 1 Vol. 1; Dunn 2005, p. 19
  13. Dunn 2005, p. 22
  14. Goitein, Shelomo Dov (1967). A Mediterranean Society. I: Economic Foundations. University of California Press. pp. 67–. OCLC 611714368. 
  15. M-S p. ix.
  16. Dunn 2005, pp. 310–11;Defrémery & Sanguinetti 1853, pp. 9–10 Vol. 1
  17. Dunn 2005, pp. 313–14;Mattock 1981
  18. Dunn 2005, pp. 63–64;Elad 1987
  19. Dunn 2005, p. 179;Janicsek 1929
  20. Dunn 2005, p. 134 Nota 17
  21. Dunn 2005, p. 180 Nota 23
  22. Dunn 2005, p. 157 Nota 13
  23. Kamala Visweswaran (2011). Perspectives on Modern South Asia: A Reader in Culture, History, and Representation. John Wiley & Sons. pp. 164–. ISBN 978-1-4051-0062-5. Arquivado dende o orixinal o 2017-01-19. 
  24. Dunn 2005, pp. 253, 262 Note 20
  25. Ralf Elger; Yavuz Köse (2010). Many Ways of Speaking about the Self: Middle Eastern Ego-documents in Arabic, Persian, and Turkish (14th–20th Century). Otto Harrassowitz Verlag. pp. 79–82. ISBN 978-3-447-06250-3. Arquivado dende o orixinal o 2017-12-11. 
  26. Mackintosh-Smith 2002, pp. 111–13, 137, 141, 238
  27. Stewart Gordon (2009). When Asia was the World. Perseus Books Group. pp. 114–. ISBN 978-0-306-81739-7. [Ligazón morta]
  28. Michael N. Pearson (2003). The Indian Ocean. Routledge. p. 112. ISBN 978-1-134-60959-8. Tivo un fillo cunha muller/esposa marroquí en Damasco... unha filla cunha escrava en Bukhara... unha filla en Delhi cunha esposa, outra cunha escrava en Malabar, un fillo nas Maldivas cunha esposa... nas Maldivas polo menos divorciouse das súas esposas antes de marcharse. 
  29. William Dalrymple (2003). City of Djinns: A Year in Delhi. Penguin Publishing Group. ISBN 978-1-101-12701-8. 
  30. Kate S. Hammer (1999). The Role of Women in Ibn Battuta's Rihla. Indiana University. p. 45. 
  31. Gibb 1958, pp. 480–81;Dunn 2005, p. 168

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]