Mar de Bismarck
Mar de Bismarck | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | ![]() |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | Oceanía |
Illa/s | Nova Guinea e arquipélago de Bismarck |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Salomón |
Características | |
Superficie | 40 000 km²[1] |
Profundiade máxima | 2.500 m.[1] |
Profundidade media | 2.000 m.[1] |
Mapa | |
![]() Localización do mar das Bismarck. | |
Localización do mar de Bismarck. | |
O Mar de Bismarck (alemán: Bismarcksee) atópase no suroeste do Océano Pacífico dentro da nación de Papúa Nova Guinea. Atópase ao nordés da illa de Nova Guinea e ao sur do Arquipélago de Bismarck e ás Illas do Almirantado. Ten costas nos distritos da Rexión das Illas, Rexión de Momase e Rexión de Papúa.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Do mesmo xeito que o arquipélago de Bismarck, é nomeado en homenaxe ao primeiro chanceler alemán Otto von Bismarck. O arquipélago de Bismarck esténdese ao leste e ao norte do mar, que ocupa o mar de Bismarck e sepárao do sur do océano Pacífico. Ao sur está unido ao mar de Salomón polo estreito Vitiaz.[2]
Límites oficiais[editar | editar a fonte]
A Organización Hidrográfica Internacional define o Mar de Bismarck como "esa área do no océano Pacífico meridional da costa nordés de Nova Guinea", cos seguintes límites:[3]
- "No norte e o leste". Polas costas norte e nordés das illas de Nova Irlanda, Nova Hannover, as Illas do Almirantado, illa Hermit e o Grupo Ninigo, a través das illas Manu e Aua ata a Illa Wuvulu e desde alí unha liña ata Punta Baudissin en Nova Guinea (142°02'E).
- "No sueste". Unha liña desde o extremo sur de Nova Irlanda ao longo do paralelo de 4°50' sur ata a costa de Nova Inglaterra, ao longo da súa costa norte e desde alí unha liña desde o seu extremo occidental ata a través da punta norte da illa de Umboi ata Teliata Point, Nova Guinea (5°55′S 147°24′L / -5.917, -147.400)
- No suroeste. Pola costa nordés de Nova Guinea.
Riqueza mineral[editar | editar a fonte]
Exploracións recentes no fondo do mar de Bismarck produciron descubrimentos de leitos de sulfuros, cobre, zinc, prata e ouro. Estes resultados son especialmente importantes porque se atopan en augas superficiais e tranquilas. Papúa Nova Guinea posúe os dereitos mineiros destes minerales en virtude do dereito internacional.[4]
Historia[editar | editar a fonte]
Foi o sitio dunha gran derrota naval xaponesa na batalla do Mar de Bismarck durante a segunda guerra mundial o 3 e 4 de marzo de 1943.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Bismarck Sea". Encyclopedia Britannica. Consultado o 15 de xullo de 2007.
- ↑ "Bismarck Sea". Encyclopædia Britannica. Consultado o 2007-07-15.
- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010.
- ↑ "The Mineral Wealth of the Bismarck Sea". Scientific American Digital. Consultado o 2007-07-15.[Ligazón morta]
- ↑ "Pacific War Maps". Consultado o 2007-07-15.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Bismarck ![]() |