Mar de Sulu
| Tipo | mar | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | océano Pacífico | |||
| Localización | ||||
| País da cunca | Filipinas | |||
| División administrativa | Filipinas | |||
| ||||
| Comparte fronteira con | Gorontalo | |||
| Conéctase con | Mar da China Meridional ⇔ Mindoro Strait (en) Mar de Sibuyan (pt) Mar de Visayas Mar de Bohol Mar de Célebes | |||
| Afluentes | ||||
| Características | ||||
| Profundidade | 1.000 m 5.576 m | |||
| Superficie | 348.000 km² | |||

O mar de Sulu é unha parte do océano Pacífico[1] limitada a nordeste polas illas Visayas, a leste e sueste polas de Mindanao, a suroeste pola costa norte de Borneo, onde se encontra o estado malaio de Sabah, e ao noroeste pola illa Palawan. É compartido por Malaisia e Filipinas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O mar de Sulu ten como límites:
- ao noroeste, a illa de Palawan, que o separa do mar da China Meridional, co que comunica a través dos estreitos de Mindoro e de Balábac;[2]
- ao sueste, o arquipélago de Sulu, que lle separa do mar de Célebes;[3]
- ao suroeste, a illa de Borneo;
- ao noroeste, o arquipélago das Visayas, que o separa dos mares de Visayas, Tayabas e Bohol.
No mar de Sulu atópanse numerosas illas: as illas de Cuyo e Cagayán de Sulu, que forman parte da provincia de Palawan; Cagayán de Tawi-Tawi e as Turtle Islands (Illas Tartaruga) son parte da provincia de Tawi-Tawi. Neste mar tamén se localiza o Parque Mariño Nacional Tubbataha Reef, que foi declarado Patrimonio da Humanidade.[4]

A parte sur deste mar é unha conca profunda, que remonta nunha longa pendente cara á barreira de Palawan. Polo fondo discorre unha cordilleira oceánica que se estende paralela á illa de Palawan e ao arquipélago de Sulu e da que xorden formacións xeolóxicas de atoles oceánicos e plataformas de arrecifes. Os arrecifes presentan un terreo submarino que gradualmente vai inclinándose e con paredes verticais de ata 1000 metros de altura.
Politicamente, a provincia de Sulú consiste en máis de 400 illas dispersas e case deshabitadas, estendéndose desde a península de Zamboanga ata a illa de Borneo. As illas dentro deste mar conforman o arquipélago de Sulu, a parte máis meridional do arquipélago das illas Filipinas, e dividen o mar de Sulu e o mar de Célebes.
As rexións próximas ao mar son abundantes en recursos madeireiros, pero a industria máis importante é a pesqueira, sobre todo a dos cogombros de mar, ademais doutros peixes de todo tipo, perlas e especies de tartarugas mariñas que agora se atopan en perigo de extinción.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mar de Sulú". MSN Encarta. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2008. Consultado o 30 de marzo de 2008.
- ↑ "Mar Amarillo, Mar de China Oriental, Mar de China Meridional". Lighthouse Foundation. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2008.
- ↑ "Mar de Célebes". MSN Encarta. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2008. Consultado o 30 de marzo de 2008.
- ↑ "Tubbataha Reef Marine Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 30 de marzo de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Sulu |
