Golfo de Tailandia
Golfo de Tailandia ou de Siam | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | Asia |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar da China Meridional |
Illas interiores | Koh Samui, Koh Phangan, Koh Chang, Koh Kut, Kot Kong (THA) Dao Phu Quoc (VIE) |
Afluentes | Río Chao Phraya |
Cidades ribeiregas | Songkhla, Surat Thani, Hua Hin, Bangkok, Rayong e Trat (THA) Hat Lek e Krong Koh Kong (CAM) Ha Tien e Rach Gia (VIE) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baía de Bangkok e baía de Bandon |
Características | |
Superficie | 320.000 km² |
Profundiade máxima | 80 m |
Profundidade media | 45 m |
Mapa | |
![]() Vista de satélite do golfo de Tailandia | |
Mapa da rexión do golfo de Tailandia | |
O Golfo de Tailandia (en tailandés: อ่าวไทย, Ao Thai) ou Golfo de Siam está localizado no mar da China Meridional (Océano Pacífico) e está rodeado por Malaisia, Tailandia, Camboxa e Vietnam. No extremo norte do golfo atópase a desembocadura do río Chao Phraya, no porto de Banqueocoque. O golfo ten unha superficie de 320.000 km².
Características[editar | editar a fonte]
É relativamente pouco profundo, con medias de 45 a 80 metros de profundidade. Iso fai que a circulación da auga sexa lenta e que os ríos Chao Phraya e Mekong exerzan unha forte influencia sobre o mesmo como unha baixa salinidade e unha gran riqueza en sedimentos. Durante as épocas máis frías da era glacial, o golfo de Tailandia non existía debido á súa pouca profundidade e era tan só unha prolongación do val do río Chao Phraya.
Debido ás calores tropicais, as augas do golfo albergan unha boa cantidade de arrecifes de coral e por tanto existen moitos proxectos de explotación dos mesmos. O lugar máis popular para o turismo é a illa de Ko Samui na provincia de Surat Thani. O golfo é posuidor de riquezas petrolíferas e de gas e é un medio de intercambio turístico e comercial entre os países que teñen costa nel.
Delimitación da IHO[editar | editar a fonte]
A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional (en inglés: International Hydrographic Organization, IHO), considera o golfo de Tailandia como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, "Limits of oceans and seas" (do inglés: Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 47 e defíneo do seguinte xeito:
No Sur.
Unha liña que vai dende o extremo occidental de Cambia ou Punta Camau (8°36'N) até o extremo norte da punta ao lado leste do estuario do río Kelantan (6°14'N, 102°15'S).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Tailandia ![]() |