Golfo de Maine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
A praia de Hampton Beach, en Nova Hampshire, eo golfo de Maine.
Mapa do golfo de Maine.

O golfo de Maine (en inglés Gulf of Maine) é un gran golfo do océano Atlántico, na costa noreste de Norteamérica, máis ou menos entre o cabo Cod, en Massachusetts, ao sur, e o cabo Sable Island, na punta sur da Nova Escocia, ao noreste.

Inclúe a liña de costa dos estados estadounidenses de Nova Hampshire e Maine, así como de Massachusetts ao norte da península de Cabo Cod, e as costas sur e oeste das provincias canadenses de Novo Brunswick e Nova Escocia, respectivamente.

A baía de Massachusetts e a baía de Fundy están incluídas no sistema do golfo de Maine.

Este golfo presenta a maior variación de mareas do planeta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]