Cabo de Boa Esperanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 34°21′24.63″S 18°28′26.36″L / -34.3568417, -18.4739889

Mapa do cabo de Boa Esperanza, 1888

O cabo de Boa Esperanza localízase en Suráfrica, preto da Cidade do Cabo. Tradicionalmente tense considerado como punto de unión entre o océano Atlántico e o océano Índico, se ben esa división está no cabo Agullas. Aínda hoxe a navegación polo cabo é perigosa, por mor dun mar bravío no que as ondas chegan a acadar ata vinte e cinco metros de altura.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro en circunnavegar o cabo de Boa Esperanza foi o navegante portugués Bartolomeu Dias en 1487 que lle deu o nome de cabo das Tormentas. Foi Xoán II de Portugal o que lle deu o seu actual nome ao abrir Vasco de Gama (1497) a ruta cara a Oriente, na busca do comercio das especias
O holandés Jan van Riebeeck estabeleceu un centro de fornecemento para a Compañía das Indias Orientais preto do cabo o 6 de abril de 1652 e que daría orixe a Cidade do Cabo.