Mar da Liguria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mar de Liguria
Mer de Ligurie - Mâ Lìgure - Mar Ligure
Mar Ligure.JPG
Localización administrativa
EstadoItalia Italia
Flag of France.svg Francia
Mónaco Mónaco
DivisiónRexión de Provenza-Alpes-Costa Azul e Córsega (FRA)
Liguria e Toscana (ITA)
SubdivisiónDepartamentos dos Alpes Marítimos e Alta Córsega (FRA)
Provincias de Xénova, Imperia, La Spezia, Savona, Massa-Carrara, Lucca, Pisa, Livorno (ITA)
Localización xeográfica
Océano / MarMar Mediterráneo
ContinenteEuropa
Illa/sCórsega
Xeografía
Mares contiguosMar Tirreno e mar de Sardeña
Illas interioresElba, Capraia e Gorgona, Palmaria, Tino e Tinetto
AfluentesArno (241 km), Magra (70 km), Versilia e Serchio (111 km)
Accidentes
Golfos e baíasGolfo de Xénova, golfo de Tigullio e golfo de Baratti
OutrosCostas Apuana, Pisana, a Spezzina, riviera Ligure delle Palme e dos Etruscos
Características
Outros datos
Áreas protexidasSantuario de mamíferos mariños (ZEPIM)
Cinque Terre (Patrimonio da Humanidade)
Mapa
Ligurian Sea map.png

Localización do mar de Liguria.
Mar Ligure.svg

Delimitacións do mar de Liguria: en vermello, a da IHO; en azul, seguindo a xeografía italiana.

O mar de Liguria (en italiano Mar Ligure e en francés Mer Ligure) é unha parte do mar Mediterráneo centro-setentrional, que baña costas de Italia, Francia e Mónaco. Limita no occidente cunha liña imaxinaria que parte do cabo Ferrat, en Francia, até Punta di Revellata, preto de Calvi na Córsega setentrional, mentres o límite oriental localízase entre cabo Corso, en Córsega, e o promontorio de Piombino, na provincia de Livorno (na Italia peninsular).

O mar de Liguria baña as costas da Liguria e de parte da Toscana, parte do departamento francés dos Alpes Marítimos e tamén o Principado de Mónaco, así como as illas de Capraia e Gorgona e parte da costa setentrional de Córsega. Todo o Golfo de Xénova forma parte do mar de Liguria.

O mar recibe polo leste as augas do río Arno e de moitos outros de orixe apenina, como o río Serchio e o río Magra. A costa noroccidental da Península Itálica, bañada polo mar de Liguria, é recoñecida pola súa beleza paisaxística e a bondade do seu clima. Ao longo da súa costa, encóntranse importantes centros portuarios, entre os que cabe destacar o máis importante de todos: o porto de Xénova. Outros portos relevantes son os de Savona, La Spezia, Carrara, Viareggio e Livorno.

O mar de Liguria acada unha profundidade máxima de máis de 2.850 m ao noroeste de Córsega.

Extensión[editar | editar a fonte]

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar de Liguria como segue:[1]

No suroeste. Unha liña que se une a Cabo Corso (Cape Grosso, 9° 23'E) o punto norte de Córsega á fronteira entre Francia e Italia (7° 31'E).

No sueste. Unha liña que une o Cabo de Córso coa illa Tinetto (44°01′N 9°51′L / 44.017, -9.850) e desde alí as illas Tino e Palmaria ata San Pietro Point (44°03′N 9°50′L / 44.050, -9.833) na costa de Italia.

No norte A costa de Liguria de Italia. </ blockquote>

Imaxes[editar | editar a fonte]

Vexase tamén[editar | editar a fonte]

  1. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Consultado o 7 de febreiro de 2010.