Mar de Bellingshausen
Mar de Bellingshausen | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | ![]() (parcialmente reinvindicado pola Arxentina, Chile e o Reino Unido) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | océano Antártico |
Continente | Antártida |
Illa/s | Illa Alexandre I e illa Thurston |
Xeografía | |
Subdivisións | Baía de Eltanin, Entrada Ronne, Wilkins Sound |
Illas interiores | Charcot, Latady, Spaatz e Smyley |
Accidentes | |
Características | |
Superficie | 1.000.000 km² |
Mapa | |
![]() Mar de Bellingshausen como parte do océano Antártico | |
Localización do mar de Bellinghausen nas reinvidicacións antárticas. | |
O mar de Bellingshausen é unha área ao longo do lado oeste da Península Antártica entre 57°18'W e 102°20'W, ao oeste da Illa Alexandre I, ao leste de Cabo Flying Fish na illa Thurston, e ao sur da Illa Pedro I.[1] No sur atópanse, de oeste a leste, a costa Eights, costa Bryan e a costa inglesa (parte oeste) da Antártida Occidental. Ao oeste de Cabo Flying Fish únese ao Mar de Amundsen.
O Mar de Bellingshausen ten unha superficie de 487 000km² e alcanza unha profundidade máxima de 4,5 km.[2] Contén a chaira submarina planicie de Bellingshausen.
Leva o nome do Almirante Thaddeus Bellingshausen, que explorou na zona en 1821.
A finais da Época do Plioceno, hai uns 2´15 millóns de anos, o asteroide Eltanin (de aproximadamente 1 a 4 km de diámetro) impactou na ribeira do mar de Bellingshausen (no Océano Pacífico Sur). Este é o único impacto coñecido nunha conca de océano profundo no mundo.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Australian Antarctic Data Centre, Antarctic Gazetteer: Bellingshausen Sea
- ↑ "Bellingshausen (sea)". Gazetteer «About countries» (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2011. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Gersonde, Rainer; F. T. Kyte; T. Frederichs; U. Bleil; H.-W. Schenke; G. Kuhn (2005). "The late Pliocene impact of the Eltanin asteroid into the Southern Ocean – Documentation and environmental consequences" (PDF). Geophysical Research Abstracts 7. 1607-7962/gra/EGU05-A-02449. Consultado o 2008-06-22.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Bellingshausen ![]() |