Mar de Tracia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mar de Tracia
Θρακικό Πέλαγος - Thrakikó Pélagos -Trakya Denizi
06.09 Rachoni Pangaion 2.jpg
Localización administrativa
EstadoGrecia Grecia
Turquía Turquía
DivisiónPeriferias de Macedonia Central, Macedonia Oriental e Tracia e Exeo setentrional (GRE)
Rexión do Mármara (TUR)
SubdivisiónPrefecturas de Kavala, Calcídica, Tesalónica, Ródope, Xanti, Hebros e Lesbos (GRE)
Provincias de Edirne, Tekirdağ e Çanakkale (TUR)
Localización xeográfica
Océano / MarMar Exeo (mar Mediterráneo)
ContinenteEuropa - Asia
Características
Mapa
Aegean Sea map bathymetry-fr.jpg

Mapa do mar Exeo, o mar de Tracia atópase na parte superior.

O mar de Tracia (grego Θρακικό Πέλαγος, Thrakikó Pélagos, en turco Trakya Denizi) é un mar epicontinental na parte setentrional do mar Exeo, que baña as costas gregas de Macedonia e Tracia, e a parte nororiental de Turquía. De oeste a leste, esténdese desde a península do Monte Athos, á Calcídica, ata a península de Gallípoli aos Dardanelos. citase o paralelo 40°N como o límite meridional, coas illas de Lemnos e Ténedos (Bozcaada). Ademais, inclúe as illas de Tasos, Samotracia e Imbros (Gökçeada).

Forma diversos entrantes na costa, como os golfos de Ierisos e o Estrimónico, na parte occidental; o golfo de Kavala, na costa norte, e o Saros, na parte oriental.

No mar de Tracia desembocan os ríos Estrimón, Nestos e Evros ou Meriç, marcando este último a fronteira entre Grecia e Turquía.

Os principais portos están nas cidades gregas de Alexandrópolis, Kavala e Tasos. Hai unha estación balnearia, chamada Loutra Eleftheron, preto de Kavala.

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]