Federación Internacional do Automóbil
Federación Internacional do Automóbil | |
---|---|
Acrónimo | FIA e AIACR |
Tipo | federación deportiva internacional |
Deporte | automobilismo |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 20 de xuño de 1904 |
Presidente/a | Mohammed bin Sulayem (pt) (2021-) |
Sede | París |
País | Francia |
Na rede | |
https://www.fia.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Federación Internacional do Automóbil (en francés: Fédération Internationale de l'Automobile), usualmente referida como a FIA, é unha asociación sen fins de lucro establecida como a Asociación Internacional de Clubs de Automóbiles Reconnus (AIACR) o 20 de xuño de 1904 para representar os intereses das organizacións de tráfico e os usuarios de automóbiles. Para o público en xeral, a FIA é o ente que regula as principais competencias en materia de automobilismo.
Ten a súa sede principal no nº 8 da Place de la Concorde, París, Francia, componse de 244 organizacións nacionais afiliadas en 146 países en todo o mundo.[1] O seu actual presidente é Mohamed Ben Sulayem.[2]
En 1950, organizaron o primeiro campionato mundial automobilístico, actualmente coñecido como a Fórmula 1.
En 1973, a FIA estendeu o seu alcance para incluír carreiras de rally, e o Rally de Monte Carlo foi o primeiro evento dese tipo organizado pola FIA.
O seu papel máis destacado é o otorgamiento de licenzas e arbitraxe das carreiras de Fórmula Un.
Historia
[editar | editar a fonte]A Association Internationale des Automobile Clubs Reconnus (AIACR) foi fundada en París o 20 de xuño de 1904.
En 1922, a FIA delegou a organización das carreiras de automóbiles á Comisión Deportiva Internacional (CSI), un comité autónomo que máis tarde converteuse na Federación Internacional do Deporte do Automóbil (FISA). A reestruturación da FIA en 1993 levou á desaparición da FISA, pondo o automobilismo baixo a xestión directa da FIA.
Eventos
[editar | editar a fonte]A FIA actualmente regula entre outros os seguintes eventos:
- Campionato mundial de Fórmula 1 da FIA
- Campionato mundial de Rallye da FIA
- Campionato mundial de GP2 da FIA
- Campionato GT da FIA
- Campionato mundial de Karting CIK-FIA
- Campionato europeo de Touring Car da FIA
- Copa europea de camións da FIA
- Copa mundial de Rally Cross-Country da FIA
- Campionato de carreiras Drag da FIA
- Campionato europeo de Autocross da FIA
- Campionato europeo de Rallycross da FIA
- Copa de enerxías alternas da FIA
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina da FIA (en inglés).