Gran Premio de México de 2024
| Tipo | Grande Prêmio da Cidade do México (pt) |
|---|---|
| Deporte | Fórmula 1 |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 |
| Distancia do evento | 71 |
| Localización e Datas | |
| Localización | Autódromo Hermanos Rodríguez (Iztacalco) 19°24′15″N 99°05′19″O / 19.404197222222, -99.088747222222 |
| Lonxitude | 4,304 km |
| País | México |
| Intervalo de tempo | 25 de outubro de 2024 – 27 de outubro de 2024 |
| Competición | |
| Campionato do Mundo de Construtores | Scuderia Ferrari |
| Formula One drivers' championship | Carlos Sainz tempo de carreira: 1:40:55,8. 71 volta. |
|
| |
O Gran Premio da Cidade de México de 2024 (oficialmente coñecido como Fórmula 1 Gran Premio de la Ciudad de México 2024) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 que se disputou o 27 de outubro de 2024 no Autódromo Hermanos Rodríguez na Cidade de México. A carreira foi a vixésima proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024, a vixésima segunda carreira do Gran Premio de México, e a vixésima cuarta vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950, é a cuarta carreira nomeada como Gran Premio da Cidade de México.
Clasificación do campionato antes da carreira
[editar | editar a fonte]Antes da fin de semana, Max Verstappen lideraba o Campionato de Pilotos con 354 puntos, 57 puntos por diante de Lando Norris segundo e 79 por diante de Charles Leclerc en terceiro lugar. McLaren, con 544 puntos, entraba nesta rolda como líder do Campionato de Construtores con Red Bull Racing e Ferrari, segundo e terceiro con 504 e 496 puntos, respectivamente.
Participantes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024#Inscricións.
Os pilotos e os equipos son os mesmos que a lista de inscritos da tempada con dúas excepcións:[1] Franco Colapinto, que substituíu a Logan Sargeant en Williams desde o Gran Premio italiano en diante, e Liam Lawson, que substituíu a Daniel Ricciardo en RB desde o anterior Gran Premio dos Estados Unidos.[2][3][4] Durante na primeira sesión de adestramentos, cinco equipos presentaron pilotos suplentes que non tiñan competido en máis de dous Grandes Premios, tal e como esixe o regulamento da Fórmula Un:[5]
- Robert Shwartzman en Sauber no lugar de Guanyu Zhou.[6]
- Felipe Drugovich en Aston Martin no lugar de Fernando Alonso.[6]
- Patricio O'Ward en McLaren no lugar de Lando Norris.[1]
- Andrea Kimi Antonelli en Mercedes no lugar de Lewis Hamilton.[6]
- Oliver Bearman en Ferrari no lugar de Charles Leclerc.[6]
Alonso está preparado para participar no Gran Premio número 400, o que o converte no primeiro piloto en alcanzar ese fito.[7]
Pneus dispoñibles
[editar | editar a fonte]Eleccións de pneumáticos
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 designados como duro, medio e brando, respectivamente, que son os tres compostos máis brandos da súa gama de pneumáticos secos, para que os equipos os usen no evento.[8] A segunda sesión de adestramentos libres dedicouse a validar os compostos máis brandos da gama para 2025 que serán designados C4, C5 e C6.[9]
| Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
|---|---|---|---|---|
(Tipo C3) |
(Tipo C4) |
(Tipo C5) |
Intermedios |
Chuvia |
Cambios na pista
[editar | editar a fonte]A zona do DRS que conduce á curva 1 reduciuse en 75 m..[10]
Práctica
[editar | editar a fonte]Durante o evento celebráronse tres sesións de adestramentos libres. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 25 de outubro de 2024, ás 12:30 hora local (UTC–6), encabezouna George Russell de Mercedes por diante de Carlos Sainz de Ferrari e Yuki Tsunoda de RB. A sesión detívose dúas veces, con bandeira vermella, a primeira por restos na pista, cos cales impactou Andrea Kimi Antonelli de Mercedes, danando o chan do seu coche, e a segunda por un accidente no que Alexander Albon de Williams e Oliver Bearman de Ferrari. A segunda sesión de adestramentos libres, que estivo dedicada ás probas de pneumáticos Pirelli con novos compostos para 2025, celebrouse o mesmo día, ás 16:00 hora local, e encabezouna Sainz por diante de Oscar Piastri de McLaren e Tsunoda. A sesión suspendeuse con bandeira vermella polo forte accidente de Russell. A terceira sesión de adestramentos celebrouse o 26 de outubro de 2024, ás 11:30 hora local.[11]
Clasificación
[editar | editar a fonte]A clasificación celebrouse o 26 de outubro de 2024 ás 15:00 hora local (UTC−6).[11]
Clasificación da cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Q1 | Q2 | Q3 | |||||
| 1 | 55 | Ferrari | 1:16.778 | 1:16.515 | 1:15.946 | 1 | |
| 2 | 1 | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:16.803 | 1:16.514 | 1:16.171 | 2 | |
| 3 | 4 | McLaren-Mercedes | 1:16.505 | 1:16.301 | 1:16.260 | 3 | |
| 4 | 16 | Ferrari | 1:16.972 | 1:16.641 | 1:16.265 | 4 | |
| 5 | 63 | Mercedes | 1:17.194 | 1:16.937 | 1:16.356 | 5 | |
| 6 | 44 | Mercedes | 1:17.306 | 1:16.973 | 1:16.651 | 6 | |
| 7 | 20 | Haas-Ferrari | 1:17.125 | 1:17.003 | 1:16.886 | 7 | |
| 8 | 10 | Alpine-Renault | 1:17.149 | 1:17.048 | 1:16.892 | 8 | |
| 9 | 23 | Williams-Mercedes | 1:17.189 | 1:16.988 | 1:17.065 | 9 | |
| 10 | 27 | Haas-Ferrari | 1:17.186 | 1:16.995 | 1:17.365 | 10 | |
| 11 | 22 | RB-Honda RBPT | 1:17.182 | 1:17.129 | 11 | ||
| 12 | 30 | RB-Honda RBPT | 1:17.380 | 1:17.162 | 12 | ||
| 13 | 14 | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:17.307 | 1:17.168 | 13 | ||
| 14 | 18 | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:17.407 | 1:17.294 | 14 | ||
| 15 | 77 | Kick Sauber-Ferrari | 1:17.393 | 1:17.817 | 15 | ||
| 16 | 43 | Williams-Mercedes | 1:17.558 | 16 | |||
| 17 | 81 | McLaren-Mercedes | 1:17.597 | 17 | |||
| 18 | 11 | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:17.611 | 18 | |||
| 19 | 31 | Alpine-Renault | 1:17.617 | PL[12] | |||
| 20 | 24 | Kick Sauber-Ferrari | 1:18.072 | 19 | |||
| 107% tempo: 1:21.860 | |||||||
| Fonte:[13][14] | |||||||
Carreira
[editar | editar a fonte]A carreira celebrouse o 27 de outubro de 2024, ás 14:00 hora local (UTC−6), e tivo 71 voltas.[11]
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 "2024 Mexico City Grand Prix – Entry List" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 25 de outubro de 2024. Consultado o 25 de outubro de 2024.
- ↑ "Williams Racing announces that Franco Colapinto will race with the team for the remainder of the 2024 FIA Formula 1 World Championship season". Williams Racing (en inglés). 27 de agosto de 2024. Consultado o 27 de agosto de 2024.
- ↑ "Ricciardo to leave RB with immediate effect as team get set for mid-season driver". Formula 1.com. 26 de setembro de 2024. Consultado o 26 de setembro de 2024.
- ↑ "Lawson to replace Ricciardo at RB for remainder of the season". Formula 1.com. 26 de setembro de 2024. Consultado o 26 de setembro de 2024.
- ↑ "2024 Formula One Sporting Regulations – Issue 7" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 1 de agosto de 2024. Consultado o 2 de agosto de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "Multiple drivers set to appear in Mexico City Grand Prix FP1 session". FIA Formula 2.com. 24 de outubro de 2024. Consultado o 24 de outubro de 2024.
- ↑ "F1 – 2024 Mexico City Grand Prix Preview". Fédération Internationale de l'Automobile. 23 de outubro de 2024. Consultado o 23 de outubro de 2024.
- ↑ "These are the tyres for the Americas". Pirelli.com (en inglés). 19 de setembro de 2024. Consultado o 19 de setembro de 2024.
- ↑ "In Mexico, an important step for 2025". Pirelli.com (en inglés). 22 de outubro de 2024. Consultado o 23 de outubro de 2024.
- ↑ Wood, Will (24 de outubro de 2024). "Longest DRS zone shortened for Mexican Grand Prix". RaceFans. Consultado o 24 de outubro de 2024.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 "Mexico City Grand Prix 2024 – F1 Race". Formula 1. Consultado o 24 de outubro de 2024.
- ↑ Esteban Ocon clasificou 19º, pero tivo que comezar a carreira desde o pit lane por substituír elementos da unidade de potencia sen o visto e prace do delegado técnico durante o parque pechado
- ↑ "Formula 1 Gran Premio de la Ciudad de México 2024 – Qualifying". Formula 1. 26 de outubro de 2024. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ 14,0 14,1 "Formula 1 Gran Premio de la Ciudad de México 2024 – Starting Grid". Formula 1. 26 de outubro de 2024. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ Inclúe un punto pola volta rápida
- ↑ Franco Colapinto recibiu unha penalización de dez segundos por provocar unha colisión con Liam Lawson. A súa posición final non se viu afectada polo penalti
- ↑ "Formula 1 Gran Premio de la Ciudad de México 2024 – Race Result". Formula 1. 27 de outubro de 2024. Consultado o 27 de outubro de 2024.
- ↑ "Formula 1 Gran Premio de la Ciudad de México 2024 – Fastest Laps". Formula 1. 27 de outubro de 2024. Consultado o 27 de outubro de 2024.
- ↑ 19,0 19,1 "Mexico City 2024 – Championship". Stats F1. 27 de outubro de 2024. Consultado o 27 de outubro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de México de 2024 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
| Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 2024 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2024 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 2024 |
| Carreira anterior: Gran Premio de México de 2023 |
Gran Premio da Cidade de México | Carreira seguinte: Gran Premio de México de 2025 |



