Gran Premio de Singapur de 2024
| Tipo | Gran Premio de Singapur |
|---|---|
| Deporte | Fórmula 1 |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 |
| Distancia do evento | 62 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Marina Bay (Região Central (pt) Circuíto urbano de Singapur |
| País | Singapur |
| Intervalo de tempo | 20 de setembro de 2024 – 22 de setembro de 2024 |
| Competición | |
| Campionato do Mundo de Construtores | McLaren |
| Formula One drivers' championship | Lando Norris tempo de carreira: 1:40:52,571. 62 volta. |
|
| |
O Gran Premio de Singapur 2024 (coñecido oficialmente como Fórmula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2024), foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 22 de setembro de 2024 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur. Foi a décimo oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 2024 e foi o vixésimo terceiro Gran Premio de Singapur e a décimo quinta vez que se disputou a carreira en Marina Bay.
Pneumáticos dispoñibles
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Pneumáticos de Fórmula 1.
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os utilicen no evento.
| Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
|---|---|---|---|---|
| Intermedios |
Chuvia | |||
Cambios na pista
[editar | editar a fonte]Engadiuse unha cuarta zona de DRS entre as curvas 14 e 16 na mesma sección do circuíto que reconfigurouse para o Gran Premio de Singapur de 2023.[1]
Práctica
[editar | editar a fonte]Realizáronse tres sesións de adestramentos libres para o evento. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 20 de setembro de 2024, ás 17:30 hora local (UTC+8), e encabezouna Charles Leclerc da Ferrari por diante de Lando Norris de McLaren e o compañeiro de equipo de Leclerc, Carlos Sainz A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o mesmo día, ás 21:00 hora local, encabezouna Norris por diante de Leclerc e Sainz. A terceira sesión de adestramentos celebrouse o 21 de setembro de 2024, ás 17:30 hora local, e encabezouna Norris por diante de George Russell de [[Mercedes-Benz na Fórmula 1|Mercedes] ] e o compañeiro de equipo de Norris Oscar Piastri.[2]
Clasificación
[editar | editar a fonte]A clasificación celebrouse o 21 de setembro de 2024 ás 21:00 hora local (UTC+8).[2]
Informe de cualificación
[editar | editar a fonte]Durante a Q3 sacouse unha bandeira vermella polo choque de Carlos Sainz contra os muros cando comezaba a súa volta, danando o seu coche e obrigándoo a abandonar. Finalmente, Lando Norris logrou a pole position para McLaren, a sexta pole position da súa carreira e a quinta de 2024, por diante de Max Verstappen en segundo lugar e Lewis Hamilton en terceiro.
Clasificación da cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Q1 | Q2 | Q3 | |||||
| 1 | 4 | McLaren-Mercedes | 1:30.002 | 1:30.007 | 1:29.525 | 1 | |
| 2 | 1 | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:30.157 | 1:29.680 | 1:29.728 | 2 | |
| 3 | 44 | Mercedes | 1:30.393 | 1:29.929 | 1:29.841 | 3 | |
| 4 | 63 | Mercedes | 1:30.811 | 1:30.153 | 1:29.867 | 4 | |
| 5 | 81 | McLaren-Mercedes | 1:30.258 | 1:29.640 | 1:29.953 | 5 | |
| 6 | 27 | Haas-Ferrari | 1:30.724 | 1:30.150 | 1:30.115 | 6 | |
| 7 | 14 | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:30.684 | 1:30.450 | 1:30.214 | 7 | |
| 8 | 22 | RB-Honda RBPT | 1:30.716 | 1:30.289 | 1:30.354 | 8 | |
| 9 | 16 | Ferrari | 1:30.786 | 1:29.747 | Sen tempo | 9 | |
| 10 | 55 | Ferrari | 1:30.670 | 1:30.108 | Sen tempo | 10 | |
| 11 | 23 | Williams-Mercedes | 1:30.679 | 1:30.474 | 11 | ||
| 12 | 43 | Williams-Mercedes | 1:30.704 | 1:30.481 | 12 | ||
| 13 | 11 | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:30.624 | 1:30.579 | 13 | ||
| 14 | 20 | Haas-Ferrari | 1:30.829 | 1:30.653 | 14 | ||
| 15 | 31 | Alpine-Renault | 1:30.958 | 1:30.769 | 15 | ||
| 16 | 3 | RB-Honda RBPT | 1:31.085 | 16 | |||
| 17 | 18 | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:31.094 | 17 | |||
| 18 | 10 | Alpine-Renault | 1:31.312 | 18 | |||
| 19 | 77 | Kick Sauber-Ferrari | 1:31.572 | 19 | |||
| 20 | 24 | Kick Sauber-Ferrari | 1:32.054 | 20 | |||
| 107% tempo: 1:36.302 | |||||||
| Fonte:[3][4] | |||||||
Carreira
[editar | editar a fonte]A carreira celebrouse o 22 de setembro de 2024, ás 20:00 hora local (UTC+8), e realizouse durante 62 voltas.[2]
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]A carreira gañouna Lando Norris no seu McLaren, a terceira da tempada. O líder do campionato Max Verstappen e o compañeiro de equipo de Norris Oscar Piastri completaron o podio. A carreira foi o primeiro Gran Premio de Singapur que non presentoua polo menos un coche de seguridade, coas únicas retiradas de Alexander Albon e Kevin Magnussen nos boxes. Daniel Ricciardo logorou a volta rápida, pero non acadou o punto extra, ao quedar no 18º posto, fóra do top ten. A vitoria de Norris restou sete puntos á vantaxe de Verstappen no campionato de pilotos, con só 52 puntos separando aos dous pilotos a falta de seis xornadas para o final. Mentres que o Red Bull do compañeiro de equipo de Verstappen, Sergio Pérez, no décimo posto fixo que a vantaxe de McLaren no campionato de construtores se eleve a 41 puntos.[5][6][7]
Clasificación da carreira
[editar | editar a fonte]Notes
- ^1 – Kevin Magnussen was classified as he completed more than 90% of the race distance.[9]
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A new fourth DRS zone in Singapore". Pirelli.com. 17 de setembro de 2024. Consultado o 17 de setembro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2024 – Timetable". Formula1.com. Consultado o 19 de setembro de 2024.
- ↑ "Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2024 – Qualifying". Formula 1. 21 de setembro de 2024. Consultado o 21 de setembro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 "Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2024 – Starting Grid". Formula 1. 21 de setembro de 2024. Consultado o 21 de setembro de 2024.
- ↑ Doyle, Michael (2024-09-22). "F1 Singapore Grand Prix: Lando Norris beats Max Verstappen at Marina Bay". Australian Broadcasting Corporation. Consultado o 2024-09-22.
- ↑ "Norris dominates Singapore GP to cut Verstappen’s title lead again". Formula One. 2024-09-22. Consultado o 2024-09-22.
- ↑ "2024 F1 Singapore Grand Prix – Results". Racing News 365. 2024-09-22. Consultado o 2024-09-22.
- ↑ Kevin Magnussen clasificouse xa que completou máis do 90% da distancia da carreira.
- ↑ 9,0 9,1 "Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2024 – Race Result". Formula 1. 22 de setembro de 2024. Consultado o 22 de setembro de 2024.
- ↑ "Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2024 – Fastest Laps". Formula 1. 22 de setembro de 2024. Consultado o 22 de setembro de 2024.
- ↑ "Singapore 2024 – Result". Statsf1.com. Consultado o 22 de setembro de 2024.
- ↑ 12,0 12,1 "Singapore 2024 – Championship". Stats F1. 22 de setembro de 2024. Consultado o 22 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Singapur de 2024 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Azerbaidján de 2024 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2024 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 2024 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Singapur de 2023 |
Gran Premio de Singapur | Carreira seguinte: Gran Premio de Singapur de 2025 |



