Gifu (岐阜市, ぎふし; Gifu-shi; en galegoportugués: Guifu) é un concello xaponés da prefectura de Gifu, capital da súa prefectura. Está situado ao oeste da rexión de Chūbu, ao norte da rexión de Tōkai e ao sur da prefectura, no centro da illa de Honshū. Ten 202,89km² de superficie, unha poboación de 411.662 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 2.030 hab./km².