Toyohashi (豊橋市, とよはしし, Toyohashi-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e ó sueste da prefectura, na zona da provincia histórica de Mikawa, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 261,35km², a poboación é de 377.341 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.440 h/km².