Saltar ao contido

Universidade de Pensilvania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Pensilvania
Filadelfia Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
Persoas e organizacións
 Forma xurídica
 Cadro de persoal
19456 (setembro de 2020) Editar o valor en Wikidata
 Número estudiantes
24699 (1 de setembro de 2021)
26552 (setembro de 2020) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
14 de novembro de 1740 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1880Coeducación Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Código postal
19104-6303 Editar o valor en Wikidata
 Enderezo
34th & Spruce Street, Philadelphia, PA 19104-6303 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Outorga
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+1 (215) 898-5000 Editar o valor en Wikidata
Facebook: UnivPennsylvania Twitter: Penn Instagram: uofpenn Bluesky: upenn.edu LinkedIn: university-of-pennsylvania Youtube: UCZuzhTcxpJZ1VEJ5s9H9MdA Flickr: 37180806@N03 BNE: XX145662 Dialnet: 858583 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade de Pensilvania (University of Pennsylvania, Penn ou UPenn) é unha universidade privada da Ivy League localizada en Filadelfia, Pensilvania. A universidade afirma que foi fundada en 1740[1][2] Princeton's library presents another diplomatically-phrased view.[3] e é un dos nove colonial colleges creados antes da declaración de independencia dos Estados Unidos de América. Benjamin Franklin, fundador e primeiro presidente de Penn, defendía un programa educativo que formaba líderes en comercio, goberno e servizo público, semellante a un currículo moderno en artes liberais cunha perspectiva práctica.[4]

Penn ten unha produción científica moi alta[5] e lidera nas disciplinas de negocios, dereito, medicina, educación, artes, humanidades, ciencias sociais, negocios, arquitectura e enxeñaría.[6] Entre as súas escolas e facultades atópanse a Wharton Business School e a Escola de Medicina Perelman, a facultade de medicina máis antiga dos Estados Unidos. A "One University Policy" ("Política dunha universidade") de Penn permite o alumnado matricularse en clases de calquera das doce escolas da universidade.[7]

O seu nome orixinal foi Igrexa e Escola Caritativa de Filadelfia (Church and Charity School of Philadelphia). Por ser a primeira institución estadounidense en ter máis dunha facultade e ser a primeira que obtivo recoñecemento oficial como universidade, considérase tecnicamente a primeira universidade dos Estados Unidos.

  1. "Penn History Exhibits - University Archives and Records Center". archives.upenn.edu. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  2. "A Penn Trivial Pursuit - Penn Current". 3 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2011. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  3. "Seeley G. Mudd Library : FAQ Princeton vs. University of Pennsylvania: Which is the Older Institution?". 19 de marzo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 2003-03-19. 
  4. "Penn's Heritage". University of Pennsylvania. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 8 de maio de 2016. 
  5. Top Universities
  6. US News
  7. Meyerson, Martin (29 de xaneiro de 1973). "Report of the University Development Commission" (PDF). upenn.com. Consultado o 16 de xuño de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]