Harvard University Press
Harvard University Press | |
---|---|
Tipo | editora universitária e editora de livros |
Data de fundación | 1913 |
Fundador(es) | Universidade Harvard |
Organización matriz | Universidade Harvard |
Sede | Cambridge |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.hup.harvard.edu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Harvard University Press (HUP) é unha editorial fundada o 13 de xaneiro de 1913, como unha división da Universidade Harvard, e especializada en publicacións académicas. En 2005 publicou 220 títulos novos. É membro da Association of American University Presses. A editorial ten as súas sedes en Cambridge, Massachusetts, preto de Harvard Square, e en Londres, Inglaterra. Entre os seus autores de maior relevancia atópanse Eudora Welty, Walter Benjamin, E. O. Wilson, John Rawls, Emily Dickinson, Stephen Jay Gould, Helen Vendler, e Carol Gilligan.
Marcas editoriais e series relacionadas
[editar | editar a fonte]HUP é propietaria da marca Belknap Press, que se inaugurou en maio de 1954 coa publicación da Harvard Guide to American History (en galego: Guía Harvard da Historia Americana).[1] A serie John Harvard Library publícase baixo o selo Belknap.
Harvard University Press distribúe a colección Loeb Classical Library e é editora de I Tatti Renaissance Library e de Dumbarton Oaks Medieval Library.
Outras editoriais de nome similar son Harvard Business Press, que é parte de Harvard Business Publishing, e a independente Harvard Common Press.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bridenbaugh, Carl. "For Explorers of Our Past: Harvard Guide to American History".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial
- Blog de Harvard University Press