Saltar ao contido

Armada dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armada dos Estados Unidos de América
United States Navy
Activa13 de outubro de 1775 (249 anos)
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
FidelidadeDepartamento da Armada dos Estados Unidos do Departamento de Defensa dos Estados Unidos.
TipoNaval
Tamaño325 673 persoas
98 481 reservistas
Alcume(s)USN
Lema(s)(non oficial) Non sibi sed patriae (latín)
Not self but country (inglés)
Non son eu mesmo, senón o país (galego) "Honra, Coraxe, Compromiso"
CoresAzul e Ouro
Azul
Coordenadas de cor
Triplete hexadecimal0000FF
OrixeSen fonte
Ouro
Coordenadas de cor
Triplete hexadecimalFFD700
OrixeSen fonte
MarchaAnchorsAweigh.ogg Anchors Aweigh
Equipamento284 buques
480 navíos
Páxina webhttp://www.navy.mil
Comandantes
Comandante xeralPresidente Donald Trump
Insignias
Bandeira da Armada dos Estados Unidos
Primeira bandeira da armada estadounidense.
Aeronaves utilizadas
+3 700 aeronaves (U.S. Navy opera 2 623 aeronaves e U.S. Marine Corps opera 1 304 aeronaves)

A Armada dos Estados Unidos (en inglés United States Navy) é unha rama das Forzas Armadas dos Estados Unidos.

Comezou chamándose Continental Navy (Armada Continental, 13 de outubro de 1775). Durante a guerra de independencia americana os barcos baixo mando continental facían labores costeiras de ataque a mercantes británicos debido á carencia de medios e capacidades para enfrontarse á mariña de guerra británica, a maior do mundo na época. Nesa guerra, os EUA chegaron a mandar sobre 50 barcos. Trala contenda, o Congreso licenciou a oficiais e mariñeiros e vendeu as súas naves.

O 27 de marzo de 1794, o Congreso aprobou a construción de seis fragatas para protexe-la súa frota mercante dos ataques piratas. En 1797 o USS Constellation, USS United States e o USS Constitution entraron en servizo. O 30 de abril de 1798 creouse o Departamento da Armada (Navy Department) que faría as funcións de Ministerio da Mariña. Na guerra de 1812 contra os británicos, a reducida frota estadounidense non puido evita-lo bloqueo dos portos occidentais. Nos anos vindeiros non participou en conflitos relevantes de xeito activo.

Na Guerra de Secesión a armada unionista era claramente superior á confederada e estableceu un bloqueo sobre as costas confederadas no golfo de México. Na guerra produciuse o primeiro enfrontamento entre naves acoirazadas de vapor: o USS Monitor e o CSS Virginia.

Non sería ata a década de 1880 que a armada americana comezou a definitiva posta en marcha para ser considerada no escenario mundial e te-las capacidades para proxecta-la influencia política e defende-los intereses nacionais no Caribe e no Pacífico. En 1883 constrúense tres cruceiros de aceiro: USS Boston, USS Atlanta e USS Chicago.

Na guerra hispanoamericana de 1898, os barcos americanos obtiveron unha importante vitoria sobre a España. No novo século Theodore Roosevelt apoiou o investimento en aumenta-lo número de barcos de guerra e contar cunha frota moderna.

Cara a primeira guerra mundial, a Armada dos Estados Unidos tiña unha potencia importante, pero aínda por debaixo da británica ou da alemá. Tralo afundimento do Lusitania, en 1917 os Estados Unidos entran guerra no bando aliado pero a súa armada limítase a funcións de escolta de transporte de soldados e a despregar un campo de minas submarino no Mar do Norte.

Na década de 1920, os Estados Unidos xa contaban con tres portaavións (o USS Langley, o USS Lexington e o USS Saratoga), basicamente acoirazados ós que se engadía unha plataforma para uso de avións.

En 1941 prodúcense os primeiros encontros entre os submarinos alemáns e os barcos americanos. O 16 de abril de 1941 a armada recibe ordes de afundir todo barco alemán que se achegue a 25 millas das costas americanas. O 7 de decembro do mesmo ano, Xapón ataca Pearl Harbor en Hawai e os Estados Unidos entran en guerra (ver ataque a Pearl Harbor).

Tanto no teatro atlántico como no pacífico a armada estadounidense leva a cabo importantes misións entre as que cómpre destacar a Batalla Naval de Guadalcanal (a maior batalla mariña do século XX) e o Desembarco de Normandía, decisivo para abrir unha fronte occidental en Europa.

A segunda guerra mundial rematou cos Estados Unidos como primeira potencia naval e nas décadas posteriores a mariña estabeleceu bases navais estratexicamente situadas en todo o mundo. A capacidade nuclear da arma submarina americana constitúe a máis mortífera ferramenta da chamada contraforza. A aplicación de mísiles balísticos (primeiro os Polaris e logo os Trident) nos submarinos, xunto cos silos en terra e os bombardeiros estratéxicos constitúen o tridente da forza estratéxica dos Estados Unidos.

Tralo fin da guerra fría, a frota americana non deixou de diminuír (en 1988, 588 barcos, en 2005 menos de 300), pero aínda hoxe supera as sete seguintes maiores frotas xuntas, sendo a americana con moito a indisputable primeira potencia naval.

Organización

[editar | editar a fonte]

O Comandante en Xefe da mariña de guerra estadounidense e o Presidente dos Estados Unidos. Por debaixo del, a mariña depende do Departamento de Defensa, e á súa vez administrativamente do Secretario de Mariña e operacionalmente dos Mando Unificados de Combate.

A forza operativa naval dos Estados Unidos divídese en sete frotas, cada unha mandada por un vicealmirante. Estas son:

  • Primeira frota: Oficiosamente suporía a Garda Costeira en tempo de guerra (derradeira liña de defensa naval americana). A principios dos 1970, unha frota do Pacífico operaba baixo esta denominación.
  • Segunda frota: Opera en todo o Atlántico, de norte a sur e tamén nas costas suramericanas orientais. É o Mando da frota de Ataque Atlántica na OTAN. Ten base en Norfolk, Virxinia. A súa nave principal é o USS Wasp.
  • Terceira frota: Sitúase no Pacífico cara a costa oeste dos Estados Unidos. Tan base en San Diego e o seu barco de mando é o USS Coronado. Serve de base de adestramento para a quinta e sétima frotas. Non participa en operacións de combate.
  • Cuarta frota: Actualmente non operativa e sen barcos afiliados.
  • Quinta frota: Opera en Oriente Medio. Base en Manama, Bahrain.
  • Sexta frota: No mar Mediterráneo e no mar Negro. Serve de mando á frota de Apoio e Ataque para Europa do Sur. Ten base en Gaeta, Italia e o seu buque bandeira é o USS Mount Whitney.
  • Sétima frota: A meirande, opera no Pacífico Occidental e no océano Índico. A base principal é a de Yokosuka no Xapón, o buque de mando é o USS Blue Ridge.
Clase Imaxe Buques Notas
Portaavións
Gerald R. Ford USS Gerald R. Ford CVN-78 10 planexados
Nimitz aircraft carrier
USS Nimitz CVN-68
USS Dwight D. Eisenhower CVN-69
USS Carl Vinson CVN-70
USS Theodore Roosevelt CVN-71
USS Abraham Lincoln CVN-72
USS George Washington CVN-73
USS John C. Stennis CVN-74
USS Harry S. Truman CVN-75
USS Ronald Reagan CVN-76
USS George H.W. Bush CVN-77
Buques de Asalto Anfibio
Wasp amphibious assault ship
USS Wasp LHD-1
USS Essex LHD-2
USS Kearsarge LHD-3
USS Boxer LHD-4
USS Bataan LHD-5
USS Bonhomme Richard LHD-6
USS Iwo Jima LHD-7
USS Makin Island LHD-8
America amphibious assault ship USS America LHA-6 11 planexados
Amphibious Transport Docks
San Antonio amphibious transport dock
USS San Antonio LPD-17
USS New Orleans LPD-18
USS Mesa Verde LPD-19
USS Green Bay LPD-20
USS New York LPD-21
USS San Diego LPD-22
USS Anchorage LPD-23
USS Arlington LPD-24
USS Somerset LPD-25
USS John P. Murtha LPD-26
USS Portland LPD-27
12 planexados
Buques Comandancia Anfibia
Blue Ridge command ship
USS Blue Ridge LCC-19
USS Mount Whitney LCC-20
USS Blue Ridge é o máis vello buque destrutor
Buques de Desembarco
Harpers Ferry dock landing ship
USS Harpers Ferry LSD-49
USS Carter Hall LSD-50
USS Oak Hill LSD-51
USS Pearl Harbor LSD-52
Whidbey Island dock landing ship
USS Whidbey Island LSD-41
USS Germantown LSD-42
USS Fort McHenry LSD-43
USS Gunston Hall LSD-44
USS Comstock LSD-45
USS Tortuga LSD-46
USS Rushmore LSD-47
USS AshlandLSD-48
Destrutores
Arleigh Burke destroyer
USS Arleigh Burke DDG-51
USS Barry DDG-52
USS John Paul Jones DDG-53
USS Curtis Wilbur DDG-54
USS Stout DDG-55
USS John S. McCain DDG-56
USS Mitscher DDG-57
USS Laboon DDG-58
USS Russell DDG-59
USS Paul Hamilton DDG-60
USS Ramage DDG-61
USS Fitzgerald DDG-62
USS Stethem DDG-63
USS Carney DDG-64
USS Benfold DDG-65
USS Gonzalez DDG-66
USS Cole DDG-67
USS The Sullivans DDG-68
USS Milius DDG-69
USS Hopper DDG-70
USS Ross DDG-71
USS Mahan DDG-72
USS Decatur DDG-73
USS McFaul DDG-74
USS Donald Cook DDG-75
USS Higgins DDG-76
USS O'Kane DDG-77
USS Porter DDG-78
USS Oscar Austin DDG-79
USS Roosevelt DDG-80
USS Winston S. Churchill DDG-81
USS Lassen DDG-82
USS Howard DDG-83
USS Bulkeley DDG-84
USS McCampbell DDG-85
USS Shoup DDG-86
USS Mason DDG-87
USS Preble DDG-88
USS Mustin DDG-89
USS Chafee DDG-90
USS Pinckney DDG-91
USS Momsen DDG-92
USS Chung-Hoon DDG-93
USS Nitze DDG-94
USS James E. Williams DDG-95
USS Bainbridge DDG-96
USS Halsey DDG-97
USS Forrest Sherman DDG-98
USS Farragut DDG-99
USS Kidd DDG-100
USS Gridley DDG-101
USS Sampson DDG-102
USS Truxtun DDG-103
USS Sterett DDG-104
USS Dewey DDG-105
USS Stockdale DDG-106
USS Gravely DDG-107
USS Wayne E. Meyer DDG-108
USS Jason Dunham DDG-109
USS William P. Lawrence DDG-110
USS Spruance DDG-111
USS Michael Murphy DDG-112
USS John Finn DDG-113
USS Rafael Peralta DDG-115
77 planexados
Zumwalt destroyer Future_USS_Zumwalt%27s_first_underway_at_sea.jpg USS Zumwalt DDG-1000
USS Michael Monsoor DDG-1001
USS Lyndon B. Johnson DDG-1002
Cruceiros
Ticonderoga cruiser
USS Bunker Hill CG-52
USS Mobile Bay CG-53
USS Antietam CG-54
USS Leyte Gulf CG-55
USS San Jacinto CG-56
USS Lake Champlain CG-57
USS Philippine Sea CG-58
USS Princeton CG-59
USS Normandy CG-60
USS Monterey CG-61
USS Chancellorsville CG-62
USS Cowpens CG-63
USS Gettysburg CG-64
USS Chosin CG-65
USS Hue City CG-66
USS Shiloh CG-67
USS Anzio CG-68
USS Vicksburg CG-69
USS Lake Erie CG-70
USS Cape St. George CG-71
USS Vella Gulf CG-72
USS Port Royal CG-73
Asistencia Submarinos
Emory S. Land submarine tender
USS Emory S. Land AS-39
USS Frank Cable AS-40
Buques Combate Litoral
Freedom littoral combat ship
USS Freedom LCS-1
USS Fort Worth LCS-3
USS Milwaukee LCS-5
USS Detroit LCS-7
USS Little Rock LCS-9
16 planexados
Independence littoral combat ship
USS Independence LCS-2
USS Coronado LCS-4
USS Jackson LCS-6
USS Montgomery LCS-8
USS Gabrielle Giffords LCS-10
16 planexados
Caza Minas
Avenger mine countermeasures ship
USS Sentry MCM-3
USS Champion MCM-4
USS Devastator MCM-6
USS Patriot MCM-7
USS Scout MCM-8
USS Pioneer MCM-9
USS Warrior MCM-10
USS Gladiator MCM-11
USS Ardent MCM-12
USS Dextrous MCM-13
USS Chief MCM-14
Buques Patrulleiros de Costa
Cyclone patrol ship
USS Tempest PC-2
USS Hurricane PC-3
USS Monsoon PC-4
USS Typhoon PC-5
USS Sirocco PC-6
USS Squall PC-7
USS Zephyr PC-8
USS Chinook PC-9
USS Firebolt PC-10
USS Whirlwind PC-11
USS Thunderbolt PC-12
USS Shamal PC-13
USS Tornado PC-14
Buques de Investigación Tecnolóxica
Banner environmental research ship
USS Pueblo AGER-2 Capturado e actualmente retido en Corea do Norte
Original Six Frigates
Original six frigates of the United States Navy Classic Frigate
USS Constitution O máis vello buque en servizo en US Navy