Leeds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 53°47′59″N 1°32′57″W / 53.79972°N 1.54917°W / 53.79972; -1.54917

Leeds
Leeds Town Hall (2).jpg
City Square sculpture (100076324).jpgLeeds (51), September 2009.JPG
Waterloo Lake Roundhay 07.jpg
Vistas da cidade
Situación xeográfica
Leeds en Inglaterra
Leeds
Leeds
País Inglaterra Inglaterra
Rexión Yorkshire e Humber
Condado cerimonial Yorkshire Occidental
Xeografía
Altitude 10-340 msnm
Superficie 551,72 km²
Poboación
Poboación 750.700 hab. (2011)
Densidade hab/km²
Información
Código postal LS, parte de WF e BD.
Alcalde Tom Murray (L)
Páxina web Páxina oficial de Leeds

Leeds é unha cidade británica do condado de Yorkshire Occidental, no norte de Inglaterra, sita sobre o río Aire, Inglaterra. Forma parte da área metropolitana denominada City of Leeds.

Segundo o censo de 2001 a zona urbana da cidade ten 429.242 habitantes e a aglomeración total 716.513. A área urbana de Leeds conta con 1.880.000 habitantes (estimación de 2005).

Un habitante chámase localmente un loiner, aínda que é termo pouco usado. Os clubs deportivos empregan leodensian ou leodiensian, de inspiración latina imaxinaria.

Historia[editar | editar a fonte]

Leeds foi, orixinariamente, un mercado agrícola na Idade Media. En 1207 asinou a súa primeira carta de franquías.
Sobre os Tudors foi sobre todo un mercado de la, coa que se negociaba para toda Europa, utilizando o estuario do río Humber, chegando o seu comercio a representar en determinados momentos a metade das exportacións inglesas do produto.
No paso da Idade Moderna á Contemporánea a súa poboación medrou espectacularmente: pasou de 10.000 habitantes en 1751, ata atinxir 172.000 en 1851, á par que se convertía nunha cidade industrial. O seu crecemento industrial veuse favorecido pola apertura do canal de Liverpool a Leeds en 1816 e da vía de tren en 1848.

Economía[editar | editar a fonte]

Majestyk, Leeds.jpg
Leeds Rathaus.jpg

A cidade está situada no cruce das autoestrada M1 e M62, e un aeroporto internacional a serve.
Estas circunstancias tornárona nun centro magno da distribución de mercancías, da banca e das finanzas.
Como o resto do norte de Inglaterra, Leeds sufriu os efectos da recesión da décadas de 1970 e 1980: as minas da rexión pecharon pouco a pouco, pese a que a industria mineira fora un dos sectores económicos máis importantes desde facía séculos.
Nos anos 90 atraeu moitos dos centros de chamada para telecomunicacións, en particular grazas á "fiabilidade" do acento do Yorkshire, aínda que ese factor deveceu coa deslocación dos empregos nese campo para Bangalore, na India. Actualmente, a súa economía vese forte e con visos de medrar aínda, mentres o comercio tornouse nun dos sectores máis importantes da economía da cidade.

Música pop[editar | editar a fonte]

Aínda que menos prolífica que as cidades veciñas como Manchester, Liverpool ou mesmo Sheffield, Leeds veu xurdir algún dos grupos de música pop de máis sona: The Kaiser Chiefs, The Mekons, Gang of Four, Sisters of Mercy, Soft Cell, New Order, The wedding Present, Chumbawamba e Cud. Tamén Corinne Bailey Rae naceu en Leeds.

Turismo[editar | editar a fonte]

Bridgewater Place

Leeds recentemente foi elixida como "cidade favorita do Reino Unido" pola revista 'Condé Nast Traveller.' A cidade salienta pola súa oferta cultural, os seus centros comerciais (magasins), a súa vida nocturna e a arquitectura do século XIX. O seu aeroporto[1]liga con varios destinos europeos e doutros continentes regularmente.

Museos e arte[editar | editar a fonte]

Leeds conta con numerosos museos, tales como a Armería Real, Galería de Arte de Leeds (con, talvez, a mellor selección de arte británica do século XX fóra de Londres), Museo Médico Thackery e o Instituto Henry Moore. A cidade é tamén coñecida pola súa oferta teatral, sendo os teatros máis célebres son West Yorkshire Playhouse, Grand Theatre (Opera North, un dos grupos operísticos máis famosos do país, ten a sede aquí) e The City Varieties.

Centros comerciais[editar | editar a fonte]

Hoxe en día Leeds é, quizais, coñecida ante todo como destino para ir de compras. O centro urbano é unha grande zona peonal na que se poden encontrar máis de mil tendas nun barrio bastante compacto. Briggate é a maior rúa no centro urbano, na que teñen sede todos os grandes magasins británicos. O Corn Exchange ten varios, e as fermosas galerías vitorianas acollen moitos dos magasins máis interesantes. The Victoria Quarter é o barrio máis exclusivo para iren de compras; contén vellos edificios e dúas grandes passages espectaculares con máis de 70 tendas, como Louis Vuitton, Vivienne Westwood, Nicholas Deakin, Space NK, Diesel, etc.

Educación superior[editar | editar a fonte]

Leeds ten dúas universidades: a Universidade de Leeds con 31.500 estudantes (52.000 se se contan matriculados en cursos temporais) e máis a Leeds Metropolitan University, con arredor de 26.000 estudantes, dos que un 17% son estranxeiros.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leeds Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]