Merseyside
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Capital | - |
| Área | 645 km² |
| Poboación | 1.365.901 (2004) |
| Densidade | 2118 hab./km² |
| Distritos | 5 |
A Merseyside, ou ribeira do Mersey, é un condado metropolitano do Reino Unido creado en 1974, situado ó norte de Inglaterra, na beira do río Mersey. Ocupa unha área de 645 km², cunha poboación en 2004 de 1.365.901 habitantes.
O condado está formado polos distritos metropolitanos de Liverpool, St Helens, Wirral, Knowsley e Sefton. A administración deste condado só ofrece os servizos de policía, bombeiros e transportes. Ó ter un consello formado polas distintas metrópoles, non hai ningunha cidade que actúe como capital do condado.
Merseyside limita con Lancashire, Cheshire e co Gran Manchester.
Distritos [editar]
| Distritos de Merseyside | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nº | Distrito | Poboación | |||||
| 1 | Liverpool | 445.200 | |||||
| 2 | Sefton | 272.900 | |||||
| 3 | Knowsley | 149.100 | |||||
| 4 | St Helens | 177.400 | |||||
| 5 | Wirral | 308.800 | |||||
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||||