Ácido fólico
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O ácido fólico ou ácido pteroilglutámico, é unha vitamina hidrosoluble, que transporta grupos hidroximetilo e formilo. No organismo humano, a súa función primordial é colaborar na síntese de purinas e timina, necesarias para formar o ADN. Xunto á vitamina B12, é preciso para o crecemento, polo que o seu déficit pode producir un crecemento menor ao fisiolóxico.
Ademais, o ácido fólico intervén na maduración dos eritrocitos, e a falla desta vitamina produce unha anemia de eritrocitos de grande tamaño.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Tradado de Fisiología Médica. Guyton. Undécima edición. ISBN 84-8174-926-5 (en castelán)
|
||||||||