Converxencia Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Converxencia Galega (CG)
Partido político de Galiza
Dirixentes e organización
LíderXoán Gato
Historia
Fundación24 de setembro de 2010
Posicións políticas
IdeoloxíaGaleguista
Centrismo progresista
Representación
Representaciónsen representación parlamentaria
Outros datos
SedeFerrol
Na rede
https://www.converxenciagalega.es/

Converxencia Galega é un partido político nacionalista galego que se autodefine a si mesmo coma centrista, progresista no senso social e liberal no senso económico, europeísta, interclasista e confederalista.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Constituíuse como partido o 24 de setembro de 2010, no seu primeiro congreso constituínte en Santiago de Compostela, malia que as siglas desta formación foron rexistradas no Ministerio do Interior hai case 20 anos por unha serie de catedráticos lugueses, que nunca chegaron a ser utilizadas en ningún comicio electoral até a data. O seu presidente é Xoán Gato, Presidente da Cámara de Comercio de Ferrol e exalcalde de Narón. O seu maior asentamento constitúese en Lugo onde mellor está organizado con 20 comités locais. Nas demais provincias, 13 hai na Coruña, 14 en Pontevedra e 2 en Ourense.[2]

Naceu por mor dunha grande escisión de Terra Galega e provocada pola marcha do seu máximo dirixente Xoán Gato, exalcalde do concello coruñés de Narón.[3] Até esa data, Terra Galega era a cuarta forza política de Galicia tralos tres grandes partidos con representación parlamentaria PP, PSdeG-PSOE e BNG.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Converxencia Galega". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  2. http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6753.html
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]