Mosteiro do Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°29′53″N 08°10′27.50″W / 43.49806°N 8.1743056°W / 43.49806; -8.1743056

Mosteiro de San Martiño de Xuvia ou do Couto

O Mosteiro do Couto, tamén coñecido por Mosteiro de San Martiño de Xubia ou Xuvia[1] está situado na parroquia católica do mesmo nome, no barrio do Couto do concello de Narón. O edificio actual foi construído a comezos do século XII en estilo románico.

O primeiro documento da Colección Diplomática do mosteiro, datado o 15 de maio do ano 977, describe unha doazón feita por parte dunha nobre de Trasancos chamada Visclávara Vistráriz, señora de Trasancos e descendente do que fora duque e bispo de Xuvia, e máis o seu home a dito mosteiro. Neste documento xa se sinala a este recinto relixioso como "de sempre coñecido".

In dei nomine amen. Inuicctissimo almo atque Pannonie nato olimpo in regno Martino nempe uocato cuius baselica siccta est in ualle Trasanquos fluminis Iuuie ripa, [...] in quo loco domino nostro pontifex et uenerabilis Argimirus tenuit mire ducato per ordinationem Ranimiri prinipis,[...]"

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nas referencias bibliográficas aparece maioritariamente escrito coa letra be.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro do Couto

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]