Pull and Bear
Coordenadas: 43°31′49.84″N 08°12′7.86″W / 43.5305111°N 8.2021833°W
Logo actual |
|
Sede de Pull&Bear, Río do Pozo |
|
| Tipo | Sociedade Anónima |
|---|---|
| Fundación | 1991 |
| Matriz | Inditex |
| Localización | Av. Gonzalo Navarro 37-43. Polígono Río do Pozo, 15573 Narón (A Coruña) |
| Fundador | Amancio Ortega Gaona |
| Industria | Téxtil |
| Produtos | Roupa e complementos |
| Número de empregados | 3.000 |
| Páxina web | pullandbear.com |
Pull and Bear ou Pull&Bear é unha cadea de tendas de roupa que está englobada no grupo INDITEX, as súas oficinas centrais e centro loxístico, atópanse no polígono de Río do Pozo, no concello de Narón.
Índice |
Historia [editar]
A cadea naceu en 1991, debido á diversificación de obxectivo comercial de Inditex, que neses momentos só contaba coas tendas Zara. A cadea está dirixida a un público mozo e informal a prezos accesibles.[Cómpre referencia]
Un ano despois da súa creación e seguindo coa política comercial do grupo levada anteriormente con Zara, Pull and Bear abre a súa primeira tenda fóra de España: inaugurouse en Portugal. Dende ese momento a compañía non parou de medrar ata chegar en 2012 ás 440 tendas en 24 países: Malta, Israel, Irlanda, Chipre, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Kuwait, Xordania, Líbano, Bahrain, Andorra,Polonia, Eslovaquia, Rusia, Serbia, Romanía, O Salvador e Guatemala, sendo algunhas das tendas destes países franquías mentres en España, Portugal, Grecia, Venezuela e México son de propiedade e non existe opción a abrir unha tenda franquiciada.
No 1998 ampliou as súas liñas de roupa con XDYE, unha marca de carácter máis urbano e moderno co que conseguiu un gran éxito[Cómpre referencia] e introducindo por primeira vez coleccións para muller. Tres anos despois apareceu Sickonineteen.
En 2003 Christian Dior levou aos tribunais de Ferrol a Pull & Bear acusándoa de plaxiar un dos seus bolsos. O caso foi arquivado[1].
Tendas [editar]
| Total | ||
|---|---|---|
| 770 | 278 | 599 |
Notas [editar]
- ↑ "Un juez archiva una denuncia de plagio de Christian Dior contra Inditex", artigo en La Voz de Galicia, 14 de febreiro de 2003.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web oficial (en varias linguas)
- Páxina web de INDITEX
| Bershka | Kiddy's Class - Skhuaban | Lefties |Massimo Dutti | Often | Oysho | Pull and Bear | Stradivarius | Tempe | Uterqüe | Zara | Zara Home |