O Couto, Narón, Narón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Couto

Mosteiro do Couto
ParroquiaNarón
ConcelloNarón
Coordenadas43°29′53″N 8°10′28″O / 43.49800833, -8.17435556Coordenadas: 43°29′53″N 8°10′28″O / 43.49800833, -8.17435556
Poboación1513 hab. (2007)
editar datos en Wikidata ]

O Couto é un barrio de Narón no concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2007 tiña 1.513 habitantes (733 homes e 780 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 1.574 habitantes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.[1]

Situación[editar | editar a fonte]

Está situado no sur-sueste do concello. Limita ao norte co barrio de Piñeiros, do que o separa de forma natural o río Freixeiro, e a ría de Ferrol; ao sur e ao leste coa propia ría de Ferrol, e ao oeste cos barrios do Alto do Castiñeiro e A Gándara.

Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia que o conforma, sendo este o de San Martiño de Xuvia. Esta parroquia foi a orixe de todas as outras que hoxe forman o núcleo urbano de Narón, xa que a medida que se foi asentando poboación nestes barrios, foron segregándose da súa matriz para dar orixe a novas parroquias. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Imaxes do Couto[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do barrio do Couto no concello de Narón, na provincia da Coruña

O Castro do Petouzal | As Covas | Cornido | O Couto | A Faísca | A Fonte de Neixa | O Hedreiro | O Lodairo | Longras | O Muíño do Vento | O Outeiro | A Pena | O Picho | A Picota | O Salto | O Souto | A Veiga | O Vilar da Faísca | As Viñas

Lugares de Narón[editar | editar a fonte]

Barrios de Narón no concello de Narón, na provincia da Coruña

O Alto do Castiñeiro | O Couto | A Gándara | Piñeiros | A Solaina | Xuvia

Parroquias de Narón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 41 ISBN 84-85170-20-2