Lidl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Típico supermercado Lidl
Interior dun supermercado Lidl
Países nos que está presente Lidl

Lidl, pronunciado /ˈliːdəl/, é unha cadea de supermercados de desconto. A empresa é orixinaria da Alemaña e o nome completo da compañía é Lidl Stiftung & Co KG, pertencente ao grupo Schwarz.

Índice

[editar] Historia

Lidl foi fundado na década dos anos 30 do século XX, por un membro da familia Schwarz baixo o nome de Lidl & Lebensmittel Sortimentsgroßhandlung, como supermercados tradicionais. Os primeiros supermercados coa aparencia actual provén dos anos setenta.

Existen máis de cinco mil supermercados Lidl distribuidos por 17 países por todo o mundo. Actualmente, é a segunda empresa máis grande de supermercados da Alemaña, e é o principal competidor de Aldi, outra cadea similar.

[editar] Países con presenza de Lidl

País Número de tendas
Flag of Austria.svg Austria 180 [1]
Flag of Belgium.svg Bélxica 300 (aprox)
Flag of Croatia.svg Croacia 58 [2]
Flag of the Czech Republic.svg República Checa 216
Flag of Denmark.svg Dinamarca 52
Flag of Finland.svg Finlandia 130
Flag of France.svg Francia 1350
Flag of Germany.svg Alemaña 3004
Flag of Greece.svg Grecia 200
Flag of Hungary.svg Hungría 115
Flag of Ireland.svg Irlanda 106
Flag of Italy.svg Italia 510
Flag of Luxembourg.svg Luxemburgo 1
Flag of Malta.svg Malta 12
Flag of the Netherlands.svg Holanda 400
Flag of Norway.svg Noruega Vendida a Reitangruppen—agora tendas REMA 1000.
Flag of Poland.svg Polonia 350 [3]
Flag of Portugal.svg Portugal 210
Flag of Slovakia.svg Eslovaquia 30
Flag of Slovenia.svg Eslovenia 29 [4]
Flag of Spain.svg España 300
Flag of Sweden.svg Suecia 151
Flag of Switzerland.svg Suíza 13
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido 500 (aprox)

[editar] Notas

  1. Lidl Austria Company Profile. Consultado o 2009-10-27.
  2. Lidl Online Croatia Store List. Consultado o 2009-06-18.
  3. Lidl Polska Online.
  4. Lidl Online Slovenia Store List. Consultado o 2009-06-03.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas