Luis Walter Álvarez
Luis Walter Álvarez |
|||
|---|---|---|---|
![]() Credencial de Luis Walter Álvarez no Laboratorio Nacional de Los Alamos durante o Proxecto Manhattan |
|||
| Nacemento | 13 de xuño de 1911 San Francisco, California |
||
| Morte | 1 de setembro de 1988 Berkeley, California |
||
| Alma mater | Universidade de Chicago | ||
|
|||
Luis Walter Álvarez, nado en San Francisco en 1911 e finado en Berkeley en 1988, foi un físico e profesor universitario norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1968.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu o 13 de xuño de 1911 na cidade de San Francisco, en California neto do médico asturiano Luís F. Álvarez. Licenciouse en física pola Universidade de Chicago e conseguiu o doutoramento en 1936.
Aínda que foi profesor da Universidade de Berkeley durante toda a súa carreira traballou tamén no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts entre os anos 1940 e 1943, así como no laboratorio de Metalurxia da Universidade de Chicago entre 1943 e 1944, e colaborou no Proxecto Manhattan para a fabricación da bomba atómica.
Morreu o 11 de setembro de 1988 na cidade californiana de Berkeley.
Investigacións científicas [editar]
Dirixiu a construción do primeiro acelerador de partículas lineal de protóns entre 1946 e 1947 e inventou a cámara de burbullas de hidróxeno líquido, coa cal identificou moitos estados de resonancia de partículas xa coñecidas. Ao longo da súa carreira tocou un amplo abanico de temas físicos, como os raios cósmicos (é o codescobridor do efecto Leste-Oeste), física nuclear, tema en que estudou a captura de electróns K, a produción de neutróns lentos e descubriu a radiactividade do tritio e varios temas de física de altas enerxías.
En 1968 foi galardoado co Premio Nobel de Física polas súas contribucións na clasificación de partículas elementais grazas ao acelerador de partículas lineal.
Xunto ao seu fillo, o xeólogo Walter Álvarez, propuxo a teoría da extinción dos dinosauros por efecto da caída dun gran meteorito na Península de Iucatán, México. No campo da arqueoloxía tamén se fixo famoso polo seu sistema para observar o interior das pirámides de Exipto a través dos raios X.
Recoñecementos [editar]
No seu nome bautizouse o asteroide (3581) Alvarez descuberto o 25 de abril de 1985 por Carolyn S. Shoemaker.
