Monte Vesuvio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Monte Vesuvio | |
|---|---|
Nápoles co monte Vesuvio ao fondo |
|
| Elevación: | 1,281 m (datos de 1944) |
| Latitude: | 40° 49′ N |
| Lonxitude: | 14° 26′ E |
| Situación: | Italia |
| Tipo: | Estratovolcano |
| Ruta máis accesíbel: | camiño |
O Monte Vesuvio é un volcán situado na baía de Nápoles, Italia.
É un volcán de tipo vesuviano, aos que dá nome. Caracterízase por alternar erupcións de piroclastos con erupcións de coadas lávicas, dando lugar a unha superposición en estratos que fai que este tipo de volcáns alcance grandes dimensións. Outros volcáns de tipo vesuviano son o Teide ou o Fuxi.
É famoso pola erupción que no ano 79 sepultou as cidades romanas de Pompeia e Herculano, permitindo conservalas intactas até que se redescubriron no século XVII. Hoxe son emprazamentos arqueolóxicos que permiten investigar a cultura romana e a vida dunhas cidades que permaneceron sen alterar desde a Idade Antiga.