Emilia-Romaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emilia-Romaña
Emilia-Romagna
Emégglia-Rumâgna
Bandeira de Emilia-Romaña Escudo de Emilia-Romaña
Bandeira Escudo
 
Italy Regions Emilia-Romagna Map.png
 
Estado Italia Italia
Capital
 • Poboación
Boloña
376.792 (2009)
Linguas
 • Oficiais
italiano, emiliano-romañolo
Italiana
Estatus
 • Presidente
Rexións de Italia
Vasco Errani

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 6º
22.124 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 7º
4.323.830
195,4 hab./km²
Xentilicio Emiliano-romañolo/a
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .it
Código ISO
Páxina Web Oficial
Subdivisións de Italia

Emilia-Romaña[1] (en italiano: Emilia-Romagna, en emiliano-romañolo: Emégglia-Rumâgna) é unha rexión da Italia setentrional de 4,2 millóns de habitantes, con capital en Boloña. Limita ao leste co mar Adriático, ao norte co Véneto e a Lombardía, ao oeste co Piemonte e a Liguria, ao sur coa Toscana, as Marcas e a República de San Mariño.

A rexión é composta por dúas rexións históricas: a Emilia, que comprende as provincias de Piacenza, Parma, Reggio, Modena, Ferrara e boa parte da provincia de Bologna, coa súa capital, e a Romaña (Romagna), coas provincias de Rávena, Rimini e Forlì, así como Cesena e a parte oriental da provincia de Bologna (Imola e zonas limítrofes). A Romaña histórica comprende pequenos territorios nas Marcas e na Toscana.

As áreas que constitúen a rexión actual están poboadas dende tempos remotos, como así o indican varios achados: o caso máis famoso é o sito en Monte Poggiolo, onde foron encontrados importantes restos arqueolóxicos, cunha antigüidade estimada de 800.000 anos, demostra que a zona xa estaba habitada no paleolítico.

Historia[editar | editar a fonte]

A identidade romaña sempre foi máis forte que a emilia. A partir do ano 568 (ano no que chegaron os longobardos á chaira padana) até 1869, o territorio da actual Emilia foi chamado Lombardía (ou Longobardía, en contraposición á Romania, a actual Romaña). Os seus habitantes eran definidos como lombardos. Esta definición foi imposta polos longobardos despois de invadir parte do territorio da rexión romana composta polas cidades de Forum Livii (Forlì), Forum Cornelii (Imola), Faventia (Faenza), Bononia (Bologna), Mutina (Módena) e Regium (Reggio Emilia).

No momento da invasión franco-piemontesa, para evitar a constitución dun bloco lombardo demasiado potente, a dinastía dos Savoia creou ex nihilo o concepto de "Emilia". Isto supuxo o cambio de moitos topónimos. Por exemplo, Reggio Emilia, antes da unidade de Italia, era chamada simplemente Reggio ou Reggio di Lombardía.

Antigos Estados da rexión[editar | editar a fonte]

As principais entidades estatais históricas que caracterizaron o territorio da rexión son o Ducado de Parma e Piacenza, o Ducado de Modena e Reggio e o Ducado de Ferrara. Romaña formou parte, durante doce séculos do Estado Pontificio, mentres Boloña foi durante algúns períodos cidade de fronteira entre Longobardía e Romanìa.

Demografía[editar | editar a fonte]

As principais cidades da rexión son:

Cidade Poboación (2006)
Boloña 373,743
Modena 180,469
Parma 175,789
Reggio Emilia 157,388
Rávena 149,084
Rimini 135,682
Ferrara 132,471
Forlì 112,477
Piacenza 99,340
Cesena 93,857
Imola 66,340
Carpi 64,517
Faenza 54,749

Universidades[editar | editar a fonte]

Na rexión están presentes catro universidades, todas na Emilia:

En todas as outras capitais están presentes sedes destacadas con facultades autónomas, como por exemplo as sedes da Universidade de Bologna presentes en Romaña (Forlì, Cesena, Rávena e Rimini), da Universidade Católita de Milán e do Politécnico de Milán en Piacenza.

Economía[editar | editar a fonte]

Entrada da factoría de Ferrari en Maranello, perto de Modena

En Emilia-Romaña a economía está moi desenvolvida. As típicas industrias son propiedades familiares en forma de pequenas e medias empresas, non existen grandes grupos multinacionais a parte dos alimentares e automobilísticos. Pola contra, conta con multitude de cooperativas, sobre todo na zona de Reggio Emilia e Modena.

No sector primario, a rexión conta cun forte desenvolvemento en toda a parte da chaira padana e na Romaña. O sector secundario é sen dúbida o máis desenvolvido: nas áreas que van de Bologna a Reggio Emilia hai unha altísima tasa de industrias mecánicas e téxtiles. Son coñecidos en todo o mundo os vehículos producidos na área de Modena: Ducati, Ferrari, Lamborghini e Maserati. Na zona de Parma está máis desenvolvida a industria alimentar (Parma foi elixida sede da Autoridade Europea para a Seguridade dos Alimentos, a EFSA (European Food Safety Authority). En Ravena predomina a industria química e ten o maior porto do mar Adriático.

O sector terciario tamén está bastante desenvolvido. A ribeira romañola é centro de atracción turística, tanto no verán (pola ampla oferta hostaleira), como noutras épocas do ano polos numerosos locais para ocio xuvenil. O turismo é predominantemente nacional, así como alemán e holandés. Tamén ten moita importancia o turismo cultural nas cidades con maior capital artístico.

A rexión é un importante nodo comercial do país, contando cunha importante rede de infraestruturas tanto viarias como ferroviarias.

Emilia-Romaña é unha das rexións máis ricas de Italia e Europa e é exerce unha importante atracción como punto de inmigración.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver entrada de «Rubicón». Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1841. ISBN 9788482893600.