Europa meridional
Europa meridional ou Europa do sur ás veces chamada a Europa mediterránea é unha subrexión do continente europeo. Actualmente non existe unha definición definitiva xa que hai moitos factores que inflúen coma a lingua, a relixión, a cultura, a historia e a xeografía. Xeralmente inclúense nesta definición a España, a Portugal, a Italia e a Grecia, xeralmente ós países mediterráneos do continente europeo. O sur de Francia e o 3% do territorio turco na Europa, adoitan incluírse nesta definición.
Índice |
Definición xeográfica [editar]
Xeograficamente, o sur da Europa está constituído pola metade inferior do continente europeo. Esta definición considérase moi relativa xa que non inclúe límite ningún.
Os Alpes e o macizo central europeo adoitan considerarse a barreira física entre Italia, Francia e o resto da Europa.
Definición xeográfica das Nacións Unidas [editar]
Para os seus traballos oficiais e publicacións, a Organización das Nacións Unidas clasifica ós seguintes países como parte da Europa meridional [1]:
Albania.
Andorra.
Bosnia e Hercegovina
Croacia.
Xibraltar.
Grecia.
Cidade do Vaticano.
Italia.
Macedonia
Malta.
Montenegro
Portugal
San Marino.
Serbia
Eslovenia
España.
Definición climática [editar]
A definición climática do sur da Europa é moi semellante á das zonas con clima mediterráneo. O clima mediterráneo adoita definirse como definición da europa meridional. Esta área é a zona tradicional de orixe dos principais produtos do sur da europa coma o viño e máis o aceite de oliva.
A área mediterránea presenta en xeral paisaxes e habitats semellantes. A área climática mediterránea está composta por dous terzos de Portugal, o sur e a costa leste de España, a costa sueste de Francia (xunto coa illa de Corsa), todo o territorio de Italia agás a chaira do río Po e a rexión dos Alpes, as costa de Croacia, Bosnia - Hercegovina, Montenegro e Albania, xunto coa práctica totalidade de Grecia, Chipre e Malta.
Definición lingüística e cultural [editar]
Os países de linguas románicas adoitar asociarse co concepto de europa meridional, Grecia e os países balcánicos adoitan estar relacionados co concepto da europa do sueste.
Lista de países pertencentes á Europa do sur [editar]
- Península Ibérica.
- Francia (a metade do seu terzo sur).
- Mónaco.
- Península Itálica.
- Península balcánica.
- Albania.
- Bosnia - Hercegovina.
- Bulgaria.
- Croacia.
- Grecia.
- Montenegro.
- Macedonia (ARIM).
- Romanía (38%: Valaquia e Dobruia).
- Serbia.
- Eslovenia.
- Turquía (3% do territorio).
- Estados Mediterráneos.
Notas [editar]
- ↑ the sub-regions according to the UN
- ↑ A ONU o inclúe no suroeste de Asia.