Bolzano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bolzano-Bozen")
Bolzán
Catedral de Bolzán

Bolzano (Bolzano, en italiano; Bozen, en alemán; Bulsan ou Balsan, en ladino) é unha cidade italiana capital da provincia autónoma de Bolzano (Autonome Provinz Bozen - Südtirol, en alemán). É famosa por atoparse nela o corpo de Otzi (o home dos xeos alpino).

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade formou parte do territorio austíaco até 1919.

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación da cidade en 2006 era de 99.007 habitantes.

Grupos lingüísticos[editar | editar a fonte]

A poboación fala o italiano (73%), alemán (26,29%) e ladino (0,71%).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]