Piemonte

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cannero-Riviera, no Lago Maggiore (Piemonte)
Cannero-Riviera, no Lago Maggiore (Piemonte)
Rexión do Piemonte
Bandera de Piemont
Capital Torino
Presidente Mercedes Bresso
(L'Unione)
Provincias Alessandria
Asti
Biella
Cuneo
Novara
Torino
Verbano-Cusio-Ossola
Vercelli
Concellos 1.206
Área 25,400 km²
 - Ranking 2º (8,4 %)
Poboación (2001)
 - Total

 - Ranking
 - Densidade


4,231,334
6º (7,4 %)
167/km²

O Piemonte (en piemontés Piemont) é unha rexión da Italia noroccidental, que conta con perto de 4,3 millóns de habitantes e ten como capital a cidade de Torino. Limita ao oeste con Francia (rexións de Rhône-Alpes e Provenza-Alpes-Costa Azul), ao noroeste coa rexión do Val de Aosta, ao norte con Suíza (cantóns de Valais e Tesino), ao leste coa Lombardía, ao sureste coa Emilia-Romaña e ao sur coa rexión italiana da Liguria.


Índice

[editar] Xeografía

O territorio da rexión é predominantemente montañoso (sobre o 43,3% do territorio rexional). As principais cadeas montañosas son os Alpes, que rodean a zona occidental da rexión, e os Apeninos, situados no límite coa Liguria e a Emilia-Romaña. O río Po atravesa a chaira homónima. As principais zonas de baixa montaña son o Canavese (no noroeste), as Langas e o Roero (ao suroeste) e o Monferrato (ao sur). Tamén conta con numerosos lagos alpinos de orixe glaciar. O lago Maggiore, un dos lagos máis grandes de Italia, marca o límite ao leste coa Lombardía, xunto co seu emisario, o río Ticino. As altas montañas de máis de 3.000 metros descen rápido ás chairas, formándose ao pé das rochas amplas extensións de bosque, daí ven o nome da rexión Piemonte (al piede dei monti: ao pé dos montes). Os vales da rexión están fortemente marcados pola actividade humana, atopándose importantes vías de comunicación internacionais por estrada e infraestructuras ferroviarias de primeiro nivel. Nos vales menores pódense encontrar encoros, centrais hidroeléctricas e centros turísticos. Nalgúns vales aínda se dá a agricultura con cultivos de cereais, forraxe e froitas, aínda que na área de Torino a paisaxe típica é a industrial. Integramente obra do home e froito dun traballo secular é a paisaxe dos arrozais nas chairas das provincias de Vercelli e de Novara. O arroz comparte protagonismo con outros cereais e a forraxe.


[editar] Historia

Habitado desde o neolítico, despois do desxeo no alto Val Padano, no I milenio a.C. foi ocupado polas poboacións celtas ou ligures dos Taurini e dos Salassi, posteriormente sometidos polos romanos (220 a.C.), que fundaron colonias como Augusta Turinorum (a actual Torino) e Eporedia (Ivrea). Despois da crise da parte occidental do imperio, a rexión sofre incursións, loitas e conquistas por parte de bárbaros, burgundios, godos (século V d.C.), bizantinos, longobardos (século VI), francos (773), aínda que conservando unha certa autonomía. Nos séculos IX e X sofriron as novas incursións dos húngaros e dos sarracenos, que destruiron, entre outros monumentos, a abadía de Novalesa no Val de Susa. Administrativamente, dividido en condados e marquesados, foi en parte reunificado no século XI por Olderio Manfredi, que conseguiu os importantes marquesados de Torino e Ivrea e os deixou en herdanza ao seu xenro Oldone de Savoia, fillo de Umberto I Biancamano. O proceso de renificación do Piemonte baixo os Savoia necesitou varios séculos, primeiro para a formaciión dos concellos autónomos, como Asti e Alessandria (século XII), e marquesados fortes, como os de Saluzzo (século XI) e de Monferrato (século XII). Despois viñeron as intervencións de potentes señores alleos á rexión, como os Visconti (século XIV), así como a inclusión do Piemonte nas loitas entre os Absburgo e os Valois para acadar a hexemonía de Italia en Europa(século XVI). Só despois da paz de Cateau-Cambrésis (1559) Emmanuele Filiberto e os seus sucesores puideros encamiñar o proceso de definitiva reunificación, finalizado no 1748 coa paz de Aquisgran. Tras a paréntese da dominacion napoleónica (1796-1814), o Piemonte seguíu os destinos do Reino de Sardeña e tivo un papel central no Risorgimento italiano, así como na construcción do novo estado unitario (1861). Producíuse o que se deu en chamar a "piemontesización" do novo estado, que consistiu en tomar como modelo de estructura xurídica e política (Estatuto Albertino de 1848) así como a xestión do persoal administrativo do do novo estado, o da rexión piemontesa. Nos momentos máis críticos ou de transición da historia nacional italiana, o Piemonte fixo importantes contribucións como "laboratorio" político e social, coas folgas de operarios nas guerras mundiais (1917 e 1943), as experiencias torinesas de Gramsci e Piero Gobetti (anos vinte), a intensa participación na resistencia (1943-45), o industrialismo innovador de Adriano Olivetti (anos cincuenta)ou a estación de loita do outono quente (l'autunno caldo) en 1969. A industrialización da rexión foi imponente, pasando da estructura agraria tradicional do Reino dos Savoia, fundamentada na hexemonía dos burócratas e militares e da aristocracia, soubo desenvolver, despois da etapa cavouriana (1852-61), un rápido proceso de modernización até converterse, nos inicios do século XX, nun dos vértices do triángulo industrial que levaron a cabo o despeque económico italiano. Non faltaron no rápido desenvolvimento, os desequilibiros, sobretodo territoriais, entre a área turinesa, sede principal da industrialización, e a economía aínda maioritariamente rural do resto da rexión. O tecido económico, no que tivo un papel preponderante a FIAT, atraíu nos anos cincuenta e sesenta un grade fluxo migratorio, que provocou profundas transformacións sociais e culturais; demostróuse, sen embargo, unha certa fraxilidade do Piemonte fronte á globalización do fin do século XX, que supuxo un certo declive industrial e unha alta taxa de desemprego.


[editar] Lugares Patrimonio da Humanidade

No Piemonte encóntranse dúas referencias inscritas na UNESCO na lista de Patrimonio da Humanidade. Trátase das Residencias dos Savoia, inscritas en 1997, e dos Sacros Montes do Piemonte e da Lombardía, incluidos na lista do Patrimonio Mundial en 2003.


[editar] Demografía

O Piemonte ven rexistrando desde os anos setenta unha perda de poboación debido a unha caída da natalidade que non foi compensada, como nas anos cincuenta e sesenta, coa inmigración do resto de Italia, particularmente do sur e do Veneto. Nos últimos anos, tense rexistrado un repuntamento demográfico, debido sobretodo á nova inmigración da Europa centro-oriental. A denside demográfica máis elevadas danse nas áreas urbanas industrializadas da alta chaira, especialmente na provincia de Torino (52% da poboación rexional, cunha densidade que duplica a media); pola contra, están case despoboados os outeiros do Monferrato e das Langas, así como a montaña alpina. O seguinte cadro mostras as dez cidades máis poboadas do Piemonte:

# Cidade Provincia Poboación
1 Torino Torino 903.705
2 Novara Novara 102.037
3 Alessandria Alessandria 92.493
4 Asti Asti 73.159
5 Moncalieri Torino 57.025
6 Cuneo Cuneo 54.624
7 Rivoli Torino 51.996
8 Collegno Torino 48.091
9 Vercelli Vercelli 47.946
10 Settimo Torinese Torino 47.441


[editar] Economía

A rexión do Piemonte mistura unha baixa natalidade cunha antiga tradición industrial. A súa man de obra é composta principalmente por inmigrantes do Veneto e do sur italiano. Durante moito tempo a industria foi o motor económico rexional. Os produtos agrícolas máis cultivados son os cereais, patatas, hortalizas, cana de sucre, froita e forraxe. Nas zonas dos outeiros é máis acentuado o cultivo da vide. A gandeiría é concentrada no bovino e porcino. Máis da metado da poboación piamontesa vive na provincia de Torino, cidade que xorde na confluencia do Po e o Dora Riapria.

Campos de arroz entre Novara e Vercelli, no Piemonte.
Campos de arroz entre Novara e Vercelli, no Piemonte.

A disponibilidade de auga, está na orixe do nacimento das primeiras industrias: muiños, ferreirías e pequenos talleres de artesanía funcionaban grazas á auga. O desenvolvimento desta cidade foi moi rápido a partir de 1945, en parte grazas á presenza da FIAT que, nada a finais do século XIX, vivíu a etapa de maior progreso durante os anos cincueta, cando comezou a vender os primeiros utilitarios. Torino non é só famosa polo sector automobilístico e a industría auxiliar (pneumáticos, industrías químicas de vernices e materiais plásticos) senón tamén pola indutria alimentar. A concentración de tanta actividade industrial producíu unha importante conxestión urbana, chegando os limites da cidade aos outeiros que a rodean e os edificios están concentrados nun espazo restrinxido. A parti de 1974 (ano no que Torino acadou o máximo de poboación 1.119.197 habitantes), a área turinesa foise desconxestionando, en parte a causa da deslocalización industrial que redistribuíu as industrias da capital en todo o Piemonte e no sur de Italia, favorecendo o retorno de moitos traballadores emigrantes á terra de orixo: dende entón Torino perdeu cerca de 300.000 habitantes (no último censo contaba con 902.000), e toda a rexión sufríu unha grave crise económica que terminou recentemente grazas ao impulso vivido cos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006, que favoreceron a imaxe internacional da cidade e fixo aumentar o turismo, que pasou de ser un importante centro industrial e comercial (que aínda é) a un importante destino turístico (sobretodo no eido dos deportes de inverno). A economía ao norte do Po é máis próspera que ao sur: Biella é un dos máis importantes centros italianos da industria laneira; Vercelli é un grande mercado europeo do arroz e conta tamén con fábricas textis e químicas, como tamén Novara, cidade máis perto de Milano que de Torino, coas súas industrias alimentares, textis, mecánicas e gráficas. Outras cidades importantes son Chivasso, situada entre os outeiros de Torino e os de Monferrato, que é considerada a "bomba" dos arrozais de Vercelli, Novara e da Lomellina, debida a un grandioso mecanismo que bombea continuamente auga do Po ao canal Cavour; Alba, célebre polas trufas e pola industria hostaleira; Stresa, importante centro turístico das ribeiras piemontesas do Lago Maggiore; Pinerolo, cidade da cabaleiría. No Piemonte meridional encontramos Cuneo, no río Stura, no centro dos vales alpinos que conducen a pequenos vales non moi frecuentados, en comparación con outros centros alpinos: Asti, no río Tanaro, cunha situación privilexiada ao pé da estrada que une Xénova e Torino, é un mercado de produtos agrícolas e un centro de elaboración vinícola. Outro capítulo importante da economía piemontesa é o chocolate. Na rexión prodúcense 80.000 toneladas por un valor de 800 millóns de euros, empregando máis de 5.000 traballadores.

[editar] Deportes

No deporte cabe destacar os clubes de fútbol. O que conseguíu maiores éxitos é a Juventus FC. O segundo clube en importancia é o Torino FC 1906. Ambos xogan no Estadio Olimpico de Torino desde 2006. A cidade foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006.


Rexións de Italia Bandeira de Italia

Abruzzo | Basilicata | Calabria | Campania | Emilia-Romagna | Friuli-Venecia Giulia | Lacio | Liguria | Lombardía | Marche | Molise | Piemonte | Puglia | Sardeña | Sicilia | Toscana | Trentino-Alto Ádige | Umbria | Valle d'Aosta | Véneto

Ferramentas persoais