Umbría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chaira en Castelluccio di Norcia (Umbría)

A Umbría (Umbria en italiano), posta no corazón de Italia, cos seus 8.456 km² de superficie (6.334 a provincia de Perugia e os restantes 2.122 a de Terni) é unha das rexións máis pequenas de Italia e a única, da Italia peninsular, que non está bañada por ningún mar. Limita ao leste e ao norleste coas Marcas, ao oeste e noroeste coa Toscana e ao sur e suroeste co Lazio.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Neste territorio predominan os outeiros (70,7% da superficie total), aínda que tamén ten zonas de montaña (o 29,3%). A Umbría ofrece unha grande variedade de caracteres morfolóxicos e paisaxísticos coa presenza de vales, cadeas montañosas, altiplanos e chairas, máis ou menos extensas, que atravesan a rexión de oeste a leste, constitúen a característica xeográfica dominante. A inestabilidade tectónica e a xoven idade xeolóxica motivan a elevada sismicidade da rexión.

División administrativa[editar | editar a fonte]

Provincias da Umbría

A rexión divídese en dúas provincias:

provincia Poboación
(hab)
Perugia 632.420
Terni 226.518

Os principais concellos da Umbría son:

Cidade Poboación
(hab)
Superficie
(km2)
Perugia 162.565 449 km2
Terni 109.816 211 km2
Foligno (Perugia) 53.818 263,7 km2
Città di Castello (Perugia) 39.492 387 km2
Spoleto (Perugia) 38.563 349 km2
Gubbio (Perugia) 32.542 525 km2
Assisi (Perugia) 26.196 186 km2
Orvieto (Terni) 20.841 281 km2
Bastia Umbra (Perugia) 20.760 27,6 km2
Narni (Terni) 20.212 197 km2