Economía de Italia
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Economía de Italia | |
|---|---|
| Moeda | Euro |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OCDE |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 1 847 mil millóns (2011) |
| Posición do PIB | 11ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 0,4% (2011) |
| PIB per cápita | $ 30.500 (2011) |
| PIB por sector | agricultura 2%, industria 24.7%, comercio e servizos 73,3% (2011) |
| Inflación | 2,9% (2011) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 25.080.000 (2011) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 3,9%, industria 28,3%, comercio e servizos 67,8% (2011) |
| Desemprego | 8,4% (2011) |
| Industrias | turismo, máquinas, ferro e aceiro, produtos químicos, procesamento de alimentos, téxtiles, vehículos a motor, roupas, calzados, cerámica |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 524,9 mil millóns (2011) |
| Produtos de exportación | produtos de enxeñería, téxtiles e roupas, máquinas industriais, vehículos a motor, equipamentos de transporte, produtos químicos, alimentos, bebidas e tabaco, minerais e metais non-ferrosos |
| Principais mercados | Alemaña 13,3%, Francia 11,8%, Estados Unidos 5,9%, España 5,4%, Suíza 5,4%, Reino Unido 4,7% (2011) |
| Importacións | 549,6 mil millóns (2011) |
| Principais produtos importados | produtos de enxeñería, produtos químicos, equipamentos de transporte, produtos de enerxía, minerai e metais non-ferrosos, tecidos e roupas, alimentos, bebidas e tabaco |
| Principais mercados | Alemaña 16,5%, Francia 8,8%, República Popular de China 7,7%, Países Baixos 5,5%, España 4,7% (2011) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 2 684 mil millóns (2011) |
| Receitas | 1 025 mil millóns (2011) |
| Despesas | 1 111 mil millóns (2011) |
Italia ten unha economía industrial diversificada que pode ser dividida en dúas zonas: o norte, máis industrializado e desenvolvido, dominado por empresas privadas e onde sitúase o principal centro financeiro do país, Milán; e o sur, menos desenvolvido e agrícola, dependente de subsidios estatais, e cun desemprego máis alto,[1] aproximadamente 20%. Por comparación cos veciños da Europa Occidental, ten un gran número de Pequenas e Medianas Empresas PMEs. O rendimento total e per-capita da economía italiana é máis ou menos igual ao de Francia ou do Reino Unido. A maior parte das materias primas necesarias para a industria e máis do 75% da enerxía son importadas.
Durante a última década, a Italia seguiu unha política fiscal apartada a fin de cumprir os criterios da Unión Económica e Monetaria e beneficiouse de taxas de xuros e de inflación máis baixas, levando á adhesión ao Euro desde o inicio, en 1999.
A performance económica de Italia veuse atrasando en relación aos seus parceiros da UE, e o actual goberno pon en práctica numerosas reformas de curto prazo destinadas a aumentar a competitividade e o crecemento a longo prazo da economía.
A pesar diso, ten andado devagar na implementación de reformas estruturais consideradas necesarias polos economistas neoliberais, como a diminuición dos impostos, a flexibilización das leis que rexen o mercado de traballo e a reforma do sistema de pensións por causa do abrandamento económico en curso e da oposición dos sindicatos.
Notas[editar]
- ↑ 1,0 1,1 CIA. "The World Factbook.". https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/it.html. Consultado o 1 de decembro de 2012.
- ↑ https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html