Puglia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praza Cavour, Foggia

Puglia é unha rexión da Italia meridional. Conta con 4.069.869 habitantes e ten a capital na cidade de Bari. Limita ao norte con Molise, ao oeste coa Campania e a Basilicata, ao sur co Mar Xónico e ao norte e leste co Mar Adriático. Comprende as provincias de Bari, Barletta-Andria-Trani, Brindisi, Lecce, Foggia e Taranto. Corresponderíase co tacón da analoxía popular entre a forma de bota e a forma xeográfica de Italia, quere dicir, está no extremo sueste da península itálica. Ten unha extensión de 19.358 km², e a capital é Bari.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista das Illas Tremiti

A Puglia é a rexión máis oriental de Italia. Punta Palascia (en Otranto, no Salento), dista preto de 80 km das costas de Albania e constitúe o punto máis oriental de Italia. O seu territorio é chairo no 53,3%, ten outeiros no 45,3% e montañoso só no 1,5%. Está bañada polo Mar Adriático e o Mar Xónico.

Puglia é una rexión moi árida. Os principais ríos son o río Fortore, o río Candelaro, o río Cervaro e o río Ofanto. Os seus poucos ríos son torrenciais e no Tavoliere. No resto de lugares, a auga da choiva fíltrase polo leito de calcaria para formar cursos subterráneos de auga que afloran preto da costa. A auga subterránea é polo tanto abondo, e hai moitas covas.

O clima en Puglia é mediterráneo, agás en Tavoliere, onde reviste caracteres de continental. A paisaxe está cuberta de garrigas ou maquias debido a un clima bastante seco provocado polos cálidos ventos procedentes do norte de África e do Levante (tramontana), así como dos fríos e tamén desecantes ventos do nordeste (bóreas). O único lago potable, de onde sae o acueduto pugliese, é o Lago de Occhito situado no lindeiro con Molise (esta escaseza de auga fan habituais as crises hídricas).

División administrativa[editar | editar a fonte]

Mapa das provincias da Puglia

A rexión da Puglia subdivídese nas seguintes provincias: