Trentino-Tirol do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTrentino-Tirol do Sur
Trentin-Südtirol (lld)
Trentino-Alto Adige (it)
Trentino-Südtirol (de)
Trentin–Alto Àdeze/Sudtiroło (vec) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 46°23′N 11°25′L / 46.38, 11.42Coordenadas: 46°23′N 11°25′L / 46.38, 11.42
EstadoItalia Editar o valor em Wikidata
CapitalTrento Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.072.276 (2019) Editar o valor em Wikidata (78,8 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana
lingua alemá
Lingua ladina Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie13.606,87 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude749 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoGovernment of Trentino-South Tyrol (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• President of Trentino-South Tyrol (en) Traducir Editar o valor em WikidataMaurizio Fugatti (en) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoRegional council of Trentino-Alto Adige/Südtirol (en) Traducir Circunscrición: 2, (Escano: 70) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2IT-32 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSITH2 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT04 Editar o valor em Wikidata

Sitio webregione.taa.it Editar o valor em Wikidata

Trentino-Tirol do Sur (en alemán: Trentino-Südtirol, en italiano: Trentino-Alto Adige, en ladino: Trentin-Südtirol), oficialmente Trentino-Alto Adige/Südtirol é a rexión máis setentrional de Italia. A súa capital é Trento e está formada por dúas comunidades histórico-culturais e administrativamente diferentes: o Tirol do Sur (ou Alto Adige) ao norte, correspondente á provincia autónoma de Bolzano, e o Trentino no sur, correspondente á provincia autónoma de Trento. Limita ao norte con Austria (Tirol e Salzburgo), ao sur e leste co Véneto, ao sur e oeste coa Lombardía e ao oeste con Suíza (cantón dos Grisóns).

Por mor do segundo estatuto especial entrado en vigor no ano 1972 o nome oficial da rexión pasou a ser o de Trentino-Alto Adige/Südtirol. O primeiro estatuto, que databa de 1948, asignaba á rexión o nome bilingüe de Trentino-Alto Adige/Tiroler Etschland.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Paisaxe do Tirol do Sur.

A rexión limita co Tirol austríaco ao norte, co Cantón suízo dos Grisóns ao noroeste e coas rexións italianas da Lombardía e o Véneto ao oeste e ao sur respectivamente. Cobre 13.607 km² e é extremadamente montañosa, cubrindo unha gran parte das Dolomitas e dos Alpes. A rexión está composta por dúas provincias, Bolzano e Trento.

A Provincia Autónoma de Bolzano, ten unha superficie de 7.400 km², sendo o relevo totalmente montañoso e cuberto por extensos bosques. O seu clima é de tipo continental, debido á influencia das moitas cadeas de montañas que se erguen a máis de 3.000 metros sobre o nivel do mar e os anchos vales, a través do cales flúe o principal río da rexión, o Adige, de norte a sur xunto cos seus numerosos afluentes. Na cidade de Bolzano, capital da provincia, a temperatura media do é de 12,2 °C e a precipitacións anuais de 717,7 mm.

A Provincia Autónoma de Trento ten unha superficie de 6.207 km². É unha terra montañosa na súa meirande parte (o 20 % érguese a máis de 2.000 metros e un 70 % a máis de 1.000 m) e cuberta por extensos bosques (arredor do 50 % do territorio). O seu clima é moi variado segundo as diferentes zonas da provincia, variando este dende o clima alpino ao subcontinental, con veráns cálidos e variables, e invernos moi fríos e con neve. A rexión sempre foi un destino popular para os turistas, tanto en inverno para o esquí como no verán para visitar os fermosos vales e lagos, dos cales o máis grande é o Lago de Garda.

Historia[editar | editar a fonte]

Bolzano

A actual rexión de Trentino-Tirol do Sur foi conquistada polos romanos no ano 15 a.C. e despois da fin do Imperio Romano de Occidente dividida entre distintas tribos xermánicas invasoras. Os longobardo fundaron o Ducado de Tridentum (actual provincia de Trento), os alamáns o Val do Vinschgau e os bávaros tomaron a parte restante. Despois da creación do Reino de Italia por Carlomagno, o Marquesado de Verona, incluíu as zonas máis meridionais do Bolzano, mentres que os Duques de Baviera recibiron a parte restante.

A partir do século XI, parte da rexión estaba gobernada polos príncipes-bispos de Trento e Brixen, a quen o Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico deu amplos poderes sobre os seus bispados. O resto da rexión formou parte do Condado do Tirol e do Condado de Görz, que controlaba o Val do Pustertal, porén en 1363 Margarita, condesa do Tirol cedeuno á Casa de Habsburgo.

Os dous bispados foron secularizadas polo Tratado de Lunéville de 1803 e entregados aos Habsburgo. Dous anos máis tarde, tras a derrota en Austerlitz, a rexión foi dada aos bávaros, aliados de Napoleón, no Tratado de Presburgo, en 1805. Os novos gobernantes provocaron unha rebelión de campesiños, liderados por Andreas Hofer, un propietario de St. Leonhard in Passeier, en 1809, porén sen moito éxito. O ano seguinte o Tratado de París de febreiro de 1810 dividiu a zona entre Austria e o Reino napoleónico de Italia. Despois da derrota de Napoleón, en 1815, a rexión volveu a Austria. Durante o control francés da rexión, foi chamada oficialmente Alto Adige (en alemán: "Hoch Etsch") co fin de evitar toda referencia histórica ao Condado do Tirol.

As forzas que xurdiron no risorgimento italiano ao longo do século XIX loitaron pola anexión desta rexión a Italia. A finais da primeira guerra mundial, co tratado de Saint Germain de 1919, a rexión foi asignada ao Reino de Italia, chamándose Venezia Tridentina. Tal anexión supuxo o desmembramento do antigo condado tirolés e a incorporación de poboación de lingua alemá a Italia.

Despois da primeira guerra mundial, na que soldados trentinos loitaron contra as tropas italianas, o goberno fascista entrante (1922) tratou de asimilar as minorías de lingua alemá e ladina, cunha progresiva italianización de toda a rexión ex-tirolesa. Nesta etapa foron prohibidas as escolas de lingua alemá no Tirol do Sur.

En 1939, en aplicación do acordo italo-alemán, a maioría dos residentes altotesinos de lingua alemá declaráronse favorable a emigrar aos territorios do Terceiro Reich, mais o estoupido da segunda guerra mundial supuxo unha ralentización da operación de éxodo. Tras o armisticio firmado por Italia cos aliados, a rexión foi anexionada ao Terceiro Reich. De 1943 a 1945 foi restablecida practicamente a integridade territorial tirolesa que fora fracturada en 1918. O goberno da República Social Italiana non tiña case ningunha xurisdición sobre os territorios da rexión, esta área foi oficialmente chamada "Area de Operazioni Alpenvorlan" con capital en Bolzano.

Tras o fin da segunda guerra mundial o Trentino-Tirol do Sur foi formalmente e constitucionalmente recoñecido como unha autonomía especial. Inicialmente a autonomía só estaba prevista para o Tirol do Sur (Alto Adige) mais foi ampliada ao Trentino, creando a Rexión Autónoma de Trentino-Tirol do Sur. A autonomía especial da rexión sae do Tratado de París. Trentino e o Tirol do Sur forman hoxe co land austríaco do Tirol unha Eurorrexión (Tirol-Tirol do Sur-Trentin).

Administración e política[editar | editar a fonte]

Goberno[editar | editar a fonte]

Provincias de Trentino-Tirol do Sur

A capital de Trentino-Tirol do Sur é Trento. A rexión está divida en dúas provincias autónomas: a Provincia de Trento (ou Trentino) e a Provincia de Bolzano (ou Alto Adige/Südtirol). En ámbalas dúas provincias o Estado italiano recoñece unha autonomía especial, que é o resultado do acordo De Gasperi-Gruber, así como o estatuto especial de autonomía aprobado pola lei constitucional en 1948.

Así pois a rexión ten dereito de elaborar as súas propias leis nun gran número de asuntos e coa capacidade de levar a cabo as funcións administrativas en relación. A autonomía recoñecida polo seu estatuto especial comprende os aspectos políticos, de autonomía lexislativa, autonomía administrativa e autonomía financeira. As capitais de provincia rotan cada dous anos como sede do parlamento rexional.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

A rexión está dividida en dúas provincias autónomas e 339 concellos. Das dúas provincias a de Trento é a máis poboada e a que ten unha maior densidade de poboación, con 83,6 habitantes por km². A densidade da rexión e sensiblemente inferior á media italiana.

Provincia Area (km²) Poboación Densidade
Provincia de Bolzano - Tirol do Sur 7.400 498.280 67,3
Provincia de Trento - Trentino 6.207 518.966 83,6

Demografía[editar | editar a fonte]

Trentino-Tirol do Sur ten unha poboación de ao redor de 1.017.000 persoas (498.000 na provincia de Bolzano-Bozen e 519.000 na provincia de Trento). A densidade de poboación na rexión é baixa en comparación con Italia no seu conxunto, en 2008 equivalía a 74,7 habitantes por km², mentres que a cifra media do Estado foi 198,8. A densidade de poboación na provincia de Bolzano-Bozen foi de 67,3, lixeiramente inferior á rexistrada na provincia de Trento, que era igual a 83,6. A partir de 2008, o Instituto Nacional Italiano de Estatísticas (ISTAT) estima que 70.834 inmigrantes nacidos no estranxeiro viven en Trentino-Alto Adige/Südtirol, o que equivale ao 6,9% da poboación rexional total.

Economía[editar | editar a fonte]

Os fértiles vales de Trentino-Tirol do Sur producen viño, froitas, produtos lácteos e madeira, mentres que as súas industrias inclúen o papel, químicos e a produción de metais. A rexión é un importante exportador de enerxía hidroeléctrica. As características máis importantes da estrutura económica da rexión son a forza do turismo e o réxime especial de cooperación entre a agricultura e a industria.

Na última década, o turismo converteuse nun compoñente moi importante da economía da provincia. A rexión ten unha concentración de hoteis meirande que calquera outra, sendo a capacidade total de aloxamento da rexión de 651.426 camas dispoñibles en hoteis e outros estabelecementos.

Cultura[editar | editar a fonte]

Letreiro trilingüe en Fanes Sennes Prags

Linguas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lingua ladina.

Os principais grupos lingüísticos son o italiano (preto do 60% do total), o alemán (un pouco menos do 35%) e unha pequena minoría de fala ladina (5%).

Na Provincia Autónoma de Bolzano, a lingua maioritaria é o alemán (69% da poboación), aínda que na capital provincias o 73% da poboación fala italiano como lingua materna. O ladino é lingua oficial adicional nalgúns concellos. Segundo o censo de 2001, 103 dos 116 municipios eran de maioría de lingua materna alemá, 8 de ladino e 5 de italiano. Hoxe en día, tanto i italiano como o alemán teñen o estatuto de linguas co-oficiais nesta provincia.

Na Provincia Autónoma de Trento o idioma maioritario é o italiano, aínda que hai minorías de fala alemá no municipio de Luserna e catro municipios no Val de Mocheni. Tamén hai minorías de fala ladina que viven no Val de Fassa. A diferenza do Tirol do Sur, a protección dos grupos lingüísticos minoritarios en Trentino non está cuberta polo novo Statuto d'Autonomia (Estatuto de Autonomía).

Por último compre destacar que a zona de fala ladina é comunmente chamada Ladinia, que se estende tamén en territorio véneto. Esta rexión comprende cinco vales: o Val Gardena (BZ), Val Badia (BZ), Val di Fassa (TN), Livinallongo del Col di Lana (BL) e Ampezzo (BL).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]