Ludwig Boltzmann
Ludwig Eduard Boltzmann, nado en Viena en 1844 e finado en Duino en 1906, foi un físico austríaco coñecido por ser, xunto con James Clerk Maxwell, pai da Distribución de Maxwell-Boltzmann na que se basea a Teoría cinética dos gases; a cal sería a primeira teoría enmarcada na disciplina da mecánica estatística.
Índice |
Traectoria[editar]
Infancia e educación[editar]
Boltzmann naceu en Viena cando esta inda era a capital do Imperio Austrohúngaro. Seu pai, Georg Ludwig Boltzmann, era funcionario do estado. Seu avó, que se había trasladado a Viena dende Berlín, era reloxeiro. Recibiu a educación primaria dun titor particular en casa de seus pais, e a secundaria en Linz. Perdeu o seu pai con 15 anos.
Pasaría a estudar física na Universidade de Viena, onde conseguiría o seu doutorado en 1866 cunha tese supervisada por Joseph Stefan e que versaba sobre a Teoría cinética dos gases.
Carreira académica[editar]
Ós 25 anos, en 1869, e grazas a unha carta de recomendación do seu director de tese, sería nomeado catedrático de física matemática na Universidade de Graz. Nese ano colaboraría varios meses con Robert Bunsen e mais Leo Königsberger en Heidelberg. Dous anos máis tarde colaboraría con Gustav Kirchhoff e Hermann von Helmholtz en Berlín.
De 1873 a 1876 exercería o rol de profesor de Matemáticas na Universidade de Viena.
En 1872 coñecería a Henriette von Aigentler, unha aspirante a profesora de Graz. O 17 de Xullo de 1876 casaríanse, e tiveron tres fillas e dous fillos. Debido a nova situación familiar, ese ano volve a Universidade de Graz a ocupar a cátedra de Física Experimental. Entre os seus alumnos estarían Svante Arrhenius e Walther Nernst.
En 1885 convírtese en membro da Academia das Ciencias de Austria e en 1887, en presidente da Universidade de Graz. Un ano máis tarde, en 1888 sería elixido como membro da Real Academia Sueca de Ciencias. Boltzmann sería nomeado en 1890 para a cátedra de Física Teórica da Universidade de Munich. En 1893 sucedería o seu profesor Joseph Stefan como profesor de Física Teórica na Universidade de Viena.
Últimos anos[editar]
Boltzmann gastou moitos esforzos na defensa da teoría atómica, nunha época na que esta inda non era moi aceptada. Isto granxeoulle a enemistade de personaxes importantes como Ernst Mach, o cal entraría en 1895 na universidade como profesor de Filosifía e Historia da Ciencia. Boltzmann, invitado por Wilhelm Ostwald, marcharía en 1900 para a Universidade de Leizpig. Despois de que Mach se xubilase voltaría a Viena, en 1902. En 1903 fundaría, xunto con Gustav von Escherich e Evin Müller, a Sociedade Matemática de Austria.
Entre os estudantes máis sinalados que tivo, estiveron Karl Przibram, Paul Ehrenfest e Lise Meitner.
Boltzmann pasou toda a súa vida con fortes cambios de ánimo, no que posiblemente foi un transtorno bipolar non diagnosticado. Meitner relatou que quen estaba ó lado de Bolztmann coñecía estes episodios e sabía dos seus intentos de suicidio. El, en tono de broma, atribuía os seus cambios de humor a haber nacido a noite entre Martes de Entroido e Mércores de Cinsa.
Lamentablemente, en 1906, en Duino, Trieste, durante as vacacións, aforcaríase durante un episodio de depresión. Foi enterrado en Zentralfriedhof, e na súa lápida pode lerse a inscripción
, a ecuación que descubriría sobre a natureza estatística da entropía