Bérgamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°42′00″N 09°40′00″E / 45.70000°N 9.66667°E / 45.70000; 9.66667

Bérgamo
Flag of Bergamo.svg CoA Città di Bergamo.png
Sunrise at Bergamo old town, Lombardy, Italy.jpg
Bérgamo
Situación xeográfica
Bérgamo en Italia
Bérgamo
Bérgamo
País Italia Italia
Rexión Lombardia
Provincia Bérgamo
Xeografía
Altitude msnm
Superficie km² km²
Poboación
Poboación 121.137 (2012)
Densidade 3.047,82 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Gianni Alemanno
Páxina web

Bérgamo (Bèrghem en lombardo - Bergamo en italiano) é unha cidade de Italia, capital da provincia do mesmo nome, na rexión de Lombardía, uns 40 km ao nordeste de Milán. Ten 121.137 habitantes.

A cidade está dividida en dúas partes diferenciadas: Città Alta (Sìta Ólta), o centro histórico cercado por unha muralla, e a Città Bassa (Sìta Bàsa), a parte moderna.

Historia[editar | editar a fonte]

Bérgamo foi fundada co nome de Barra na época prerromana polos lígures ou polos etruscos[1]. Os romanos conquistaron a cidade no século II a.C. e rebautizárona como Bergomum. Os habitantes de Bergomum, xunto co resto de habitantes da Transpadania, convertéronse en cidadáns romanos no ano 49 a.C..

Bérgamo.

Trala caída do Imperio Romano, Bérgamo foi saqueada, até a chegada dos longobardos no 569, que instalaron un ducado. Ao seren destituídos os longobardos polos francos no 774, a cidade pasou a ser gobernada por unha serie de condes. En 1098 Bérgamo converteuse en comuna libre e despois dalgunhas guerras contra Brescia uniuse á Liga Lombarda contra o emperador Federico I Barbarroxa. A partir do século XIII, no ámbito das das loitas entre güelfos e xibelinos, Bérgamo caeu baixo influencia dos vizcondes de Milán.

Em 1428 Bérgamo pasou a formar parte da República de Venecia, cuxo dominio lle proporcionou paz e prosperidade. Os venecianos reconstruíron a cidade vella e erixiron fortes murallas defensivas. O dominio veneciano continuou até a era napoleónica, cando, despois da breve experiencia da República Bergamasca, da República Cisalpina e do Reino de Italia, coa Restauración, Bérgamo caeu baixo influencia austríaca no Reino Lombardo-Vêneto. Os austríacos foron os precursores da industrialización no territorio bergamasco, coa implantación de manufacturas téxtiles.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita cos concellos de Azzano San Paolo, Curno, Gorle, Lallio, Mozzo, Orio al Serio, Paladina, Ponteranica, Seriate, Sorisole, Stezzano, Torre Boldone, Treviolo e Valbrembo.

Clima[editar | editar a fonte]

Segundo a clasificación climática de Köppen, Bérgamo ten un clima tipicamente temperado de medias latitudes (Cfa), chuvioso ou frecuentemente húmido en todas as estacións do ano e con veráns moi quentes.

As precipitacións concéntranse nos períodos comprendidos entre marzo e maio, cun leve descenso nos meses de verán, recuperándose no período entre outubro e novembro.

O inverno esténdese, xeralmente, de novembro a finais de marzo, e está caracterizado por un nivel pluviométrico moi baixo para os padróns italianos. Con base na media de referencia 1961-1990, a temperatura media do mes máis frío, que é xaneiro, é de 1,5 °C, e do mes máis quente, que é xullo, é de 22,4 °C.

Medias de temperatura para Bérgamo
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima °C 5,5 7,89 12,11 16,28 20,89 25 27,72 26,72 23,28 17,5 10,72 6,28 16,27
Media mínima °C -1,89 0,11 3,22 6,5 10,72 14,39 17 16,61 13,78 9 3,5 -1,11 7,67
Precipitacións (mm) 71 64 84 89 127 112 109 130 94 109 112 56 1.156
Fonte: Intellicast

Deporte[editar | editar a fonte]

Estadio de Bergamo.

Bérgamo é sede da Atalanta, que xoga no Estadio Atleti Azzurri d'Italia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bérgamo

Outros artigos[editar | editar a fonte]