Beverly Hills
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||||
| The City of Beverly Hills | |||||
|---|---|---|---|---|---|
![]() Beverly Hills |
|||||
| Alcume | Garden Spot of the World | ||||
| Información | |||||
| País | |||||
| Estado | |||||
| Fundación | 22 de outubro de 1906 | ||||
| Superficie • Total |
14,7 km² |
||||
| Poboación • Total |
33.784 (2000) |
||||
| Densidade | 2.298 hab./km² | ||||
| Altitude | 79 m | ||||
| Alcalde | Nancy Krasne | ||||
| Páxina oficial | |||||
Beverly Hills é unha cidade localizada no condado dos Ánxeles, California (Estados Unidos de América), ao pé das montañas de Santa Mónica. Está completamente arrodeada pola cidade de Los Angeles, ao leste co barrio de "West Hollywood" e o "Fairfax District", ao sur limita co barrio de "Westwood Village" e "Century City", os que son barrios financeiros da cidade de Os Ánxeles e non cidades adheridas. Beverly Hills é famosa polas grandes mansións das que dispón e por ser o fogar dos ricos e famosos asemade que das grandes estrelas do cinema de Hollywood.
