Catión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un catión é un ión con carga eléctrica positiva. Entre os catións máis habituais temos os catións metálicos formados cando un átomo dun metal perde algún dos seus electróns.

Así: cando un átomo de sodio perde un dos seus electróns da lugar o catión sodio ou ión sodio, Na+.

Na → Na+ + 1 e-

Cando un átomo de calcio perde dous electróns da lugar o ión calcio, Ca2+ :

Ca → Ca2+ + 2 e-

Cando un átomo de aluminio perde tres electróns da lugar o catión ou ión aluminio, Al3+:

Al → Al3+ + 3 e-


Existen tamén catións formados por máis dun átomo. Por exemplo o ión amonio é un catión formado por un átomo de nitróxeno e catro de hidróxeno que acumulan entre todos eles unha carga neta positiva, NH4+:

H+ + NH3 → NH4+