Borneiro, Cabana de Bergantiños
| Borneiro | |
|---|---|
| Igrexa parroquial. | |
| Concello | Cabana de Bergantiños |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2009) 411 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 |
San Xoán de Borneiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estatística en 2009 tiña 411 habitantes (205 homes e 206 mulleres), 59 menos que no padrón municipal de 2004 cando tiña 470 habitantes (242 homes e 228 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación. En 1999 tiña 514 habitantes.
Índice |
[editar] Xeografía
Borneiro é atravesado polo rego dos Muíños, que desemboca no río Anllóns na parroquia de Canduas sendo antigamente aproveitado o seu curso por numerosos muíños que lle deron o nome, e dos que hoxe en día todavia se conservan algúns e restos de outros.
[editar] Patrimonio
Na parroquia sitúase o dolmen de Dombate (monumento megalítico) e o castro de Borneiro (poboado castrexo).
A capela das Virtudes e do Carme, é un templo do século XVI. Atópase no lugar de Briño, nunha carballeira centenaria.
O cruceiro da carballeira de Briño, a carón da capela anteriormente mencionada, está datado como un dos cruceiros galegos máis antigos, sendo construído segundo a inscrición en 1622. No pedestal ten a inscrición Se retocó, trasladó y pintó siendo cura párroco Francisco Lema Martínez natural de esta parroquia. Año 1899, o que testemuña o costume de mover e policromar os cruceiros.
[editar] Festas
Nesta parroquia celebrase a romaría do Carme do Briño o 18 de xullo e os 24 de xuño rindeselle honor o santo patrón que é San Xoán.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Borneiro, Cabana de Bergantiños
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Borneiro
| Lugares da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños | |
|---|---|
|
Borneiro | O Briño | Dombate | A Fontefría | A Gándara | A Regueira | Vilaseco | Vista Alegre |
[editar] Parroquias de Cabana de Bergantiños
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños | |
|---|---|
|
Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro) |
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
|
|||||