Portomouro, Val do Dubra
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha parroquia da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas parroquias da Coruña (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Portomouro | |
|---|---|
| O río Tambre o seu paso por Portomouro. | |
| Concello: | Val do Dubra |
| Área: | 6,75 km² |
| Poboación: | (Ano 2008) 403 hab. |
| Densidade: | 60 hab./km² |
| Entidades de poboación: | - |
San Cristovo de Portomouro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Val do Dubra. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 403 habitantes (217 mulleres e 186 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 422 habitantes, e 1999, con 482.
Índice |
[editar] Situación
Portomouro atópase no cruce de camiños que van dende Santiago de Compostela cara o norte, para as terras de Bergantiños (Carballo) pola AC-1914, e para as terras do Xallas (Santa Comba) pola AC-404. (Entrepontes)[1].
[editar] Economía
Portomouro vive principalmente do sector servizos e do traballo co gando vacún. Subsisten explotacións particulares de produción leiteira para a industria láctea complementada coa recría para a venda.
[editar] Patrimonio
Como recursos naturais e etnolóxicos destacan os paseos nas beiras do río Tambre, con vexetación autóctona (carballos, bidueiros, ameneiros, freixos, etc.). Tamén cómpre destacar a "Pedra do Home", con tres sepulturas antropomorfas prehistóricas.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Portomouro, Val do Dubra.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Portomouro
| Lugares da parroquia de Portomouro no concello de Val do Dubra (A Coruña) | |
|---|---|
|
Cernadas | Novais | Portomouro de Abaixo | Portomouro de Arriba | Xermán |
[editar] Parroquias de Val do Dubra
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Val do Dubra | |
|---|---|
|
Arabexo (Santa María) | Bembibre (San Salvador) | Buxán (Santiago) | Coucieiro (San Martiño) | Erviñou (San Cristovo) | Niveiro (San Vicente) | Paramos (Santa María) | Portomeiro (San Cosme) | Portomouro (San Cristovo) | Rial (San Vicente) | San Román (Santa Mariña) | Vilariño (San Pedro) |