Galizionario
O Galizionario, tamén denominado Galicionario, é a versión en galego do Wiktionary, un dicionario multilingüe de contido libre que forma parte dos proxectos da Fundación Wikimedia.
Índice |
Denominación [editar]
Creado o 6 de maio de 2004, o nome Galizionario fíxose oficial o día 21 de decembro de 2004 mediante votación da comunidade[1]. O 31 de decembro do mesmo ano pasou a chamarse Galizionario, incorporando o prefixo Gali- no seu nome como xa se viña facendo na Galipedia.
Características [editar]
O Galizionario recolle vocábulos en todas as linguas xunto coas súas traducións ao galego, sendo as entradas máis numerosas as que se refiren á definición de termos en lingua galega.
Presenta moitas características iguais a outras versións do Wiktionary:
- Diferenciación de maiúsculas e minúsculas iniciais.
- Estrutura das entradas como as dun dicionario.
- Presentación fixa dos datos, fornecendo categoría gramatical, etimoloxía, pronuncia (ficheiro de son e transcrición fonolóxica), definición de cada unha das acepcións, traducións a varias linguas, observacións de uso, táboas de flexión (conxugación ou declinación), palabras relacionadas, fraseoloxía, etc.
- Organización en categorías das entradas segundo a súa lingua e categoría gramatical, o cal permite xerar automaticamente listaxes de palabras segundo estes parámetros.
- Listaxes de traducións bilingües, como é o caso do Dicionario Galego-Aragonés e o Dicionario Aragonés-Galego que tamén está no Biquizionario, o Wiktionary en aragonés.
- Remisións ó proxecto Wikipedia galego, a Galipedia, cando existe un artigo homónimo relacionado.
- Remisións a outros proxectos de Wiktionary.
Tamén, como outros proxectos de Wiktionary, presenta un importante uso de modelos, pois as entradas están moi estruturadas e fixadas.
É importante tamén que contén tamén entradas de carácter toponímico[2], nalgunhas palabras presenta corpus fraseolóxicos[3], clasificación onomasiolóxica [4] e mesmo categorización dos fenómenos de evolución fónica dende a suposta etimoloxía[5].
Fitos [editar]
A comezos de 2005, a versión en galego do Wiktionary era o terceiro dicionario da Fundación Wikimedia con máis entradas de todos os existentes naquel momento[7]. O 26 de setembro do 2010 (data na que ocupaba o posto 35)[8] acadou as 30.000 entradas en 102 linguas, a maioría de palabras galegas (aínda que tamén 7.125 do castelán[9], 4.593 do italiano[10], 2.893 do francés[11], 1.892 do inglés[12], 731 do portugués[13], 166 do latín[14] e 241 nomes científicos[15], 343 do alemán[16], e outros idiomas como o cheién[17], catalán[18], vasco[19], esloveno[20], manés[21] ou neerlandés[22]). Esta cantidade de palabras convérteo nun dos máis grandes da escasa lexicografía galega de dicionarios en liña e dicionarios bilingües non dirixidos ó castelán.
Desde o 23 de febreiro de 2006, o sistema (en contraste coa Wikipedia) permite crear entradas tanto en minúsculas como en maiúsculas para facilitar o uso da grafía máis precisa en cada caso.
O Galizionario, do mesmo xeito que a Wikipedia, está baseado no software wiki e publícase baixo a licenza GFDL.
Notas [editar]
- ↑ wikt:Wiktionary:Actualidade#2004
- ↑ wikt:Categoría:Toponimia
- ↑ wikt:cabalo ou wikt:chover
- ↑ wikt:Categoría:Entradas por significado
- ↑ wikt:Categoría:Entradas por evolución fónica
- ↑ wikt:Wiktionary:Actualidade
- ↑ en:Wiktionary:Wiktionary:Multilingual_statistics#Ranking
- ↑ m:Wiktionary
- ↑ wikt:Categoría:Castelán
- ↑ wikt:Categoría:Italiano
- ↑ wikt:Categoría:Francés
- ↑ wikt:Categoría:Inglés
- ↑ wikt:Categoría:Portugués
- ↑ wikt:Categoría:Latín
- ↑ wikt:Categoría:Nome científico
- ↑ wikt:Categoría:Alemán
- ↑ wikt:Categoría:Cheién
- ↑ wikt:Categoría:Catalán
- ↑ wikt:Categoría:Vasco
- ↑ wikt:Categoría:Esloveno
- ↑ wikt:Categoría:Manés
- ↑ wikt:Categoría:Neerlandés